¿Valerá a pena tanto esforzo por Unity?

Como moitos xa saberedes a peña de Cannonical quere incluir en Natty (11.04) un entorno propio de escritorio chamado Unity. De este vai a haber dous tipos diferentes segundo si temos aceleración gráfica (Unity 3D) ou non (Unity 2D). Persoalmente podo falar da segunda, que é a que tiven ocasión de probar nun equipo vello que pulula por aquí, e non me convence para nada. Non o digo por que me pareza un transtorno como estan distribuidas as cousas no escritorio e nos menús, senon por que a verdade non o vexo practico nin tan vistoso, simplemente é diferente.

A parte diso o que estou a probar falla mais cunha escopeta de feira, Realmente non sei lle chegará o tempo para deixar en condicións de ser usable e confiable. Penso que Unity debería ser un proxecto a mais longo plazo, probablemente para sair na versión 11.10 ou incluso 12.04, dando a posibilidade de ser instalado antes para a xente que queira ir usandoo, pero non como escritorio por defecto.

Agora vou a incluir unha enquisa para ver a opinión que tendes do tema.

[poll id=”2″]

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “¿Valerá a pena tanto esforzo por Unity?”

  1. Si unity usa gtk porque no, todos los programas
    como gedit, gnome-mplayer etc…deberian
    seguir funcionando. Qt ? sigo pasando lol…

  2. Si, en principio van a funcionar todos os programas perfectamente. O único que a un mes de sair a nova versión eu vexo ainda moi verde a Unity, por non decir a Unity-2D. Ainda pra mais vexo que consume bastantes recursos e traballase mais lento.

    Supoño que todo esto cambiará, pero se segue funcionando de esta forma penso que seguirei usando Gnome.

    Por outra banda non sei que tal estará Gnome Shell, ainda non o probei.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *