Análise: Mad Max

“”La gasofa dónde está
dónde está la gasolina
si tuvieras combustible
cuantas millas andarías.
comes latas para perros
que, ñam! ñam!, están muy buenas
esta noche hay masacre
y mañana adiós muy buenas

Y mírate Max, estás hecho una pena Max,
estás hecho una pena””

Recordando vellos e mellores tempos, penso que esta canción de Siniestro Total  vaille o pelo para dar entrada o seguinte artículo:

Pouco mais dun ano despois da sua saida en Windows e consolas chéganos aos nosos libres escritorios un título AAA con todas as da lei.  Mad Max está desenrolado polos estudios Avalanche (Saga Just Cause, Renegade Ops) e trátase dun sandbox (nunca mellor dito o de caixa de area, pois hai bastante) . O port a Linux/SteamOS e Mac está realizado, como soe ser habitual ultimamente con títulos deste calibre, por Feral Interactive (F1 2015, Shadow of Mordor, Deus Ex: Mankind Divided, Tomb Raider…)

Seguir lendo Análise: Mad Max

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Mesa 13 lanzado, OpenGL 4.4 e 4.5 dispoñibles

En primeiro lugar gustaríame dicir que este artigo é o comezo dunha nova singladura, xa que é o primeiro artigo que fago como colaborador de www.JugandoEnLinux.com. A partires de agora poderedes atopar algúns dos meus artigos (aquí en galego, en www.JugandoEnLinux.com en castelán) en ambos lugares. Antes de comezar gustaríame aconsellarvos que visitedes www.JugandoEnLinux.com si estades interesados en todo o tocante a os xogos en Linux e SteamOS. Espero vervos por alí. Agora, feita a presentación, imos o lío:

O pasado día 1 de Novembro foi lanzado oficialmente Mesa 13 tras moitos meses de desenrolo como a rama 12.1, o cal é un fito na historia dos drivers e librerías gráficas libres por múltiples razóns. As mais significativas son as seguintes:

Seguir lendo Mesa 13 lanzado, OpenGL 4.4 e 4.5 dispoñibles

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-