Lanzado oficialmente Mesa 17.0.0 (ACTUALIZADO)

No día de onte Mesa acadou oficialmente a versión 17, dacordo coa nova nomenclatura, que a partires de agora corresponderase co ano de lanzamento, polo que pasamos directamente da versión 13 á 17. Fai ben pouco, concretamente a primeiros de Novembro, escribía nesta blog un artigo no que estábamos celebrando a chegada da versión 13 . Dito lanzamento tiña unha especial importancia porque acadábase el fito de conseguir la compatibilidade con OpenGL 4.5 nos drivers libres de Nvidia, AMD e Intel; así como a chegada de Vulkan, o cal permitiu a moita xente poder executar por fin  xogos que anteriormente estaban destinados unicamente os usuarios de Nvidia con driver propietario.

En Mesa 17  ampliouse e profundizouse (ver ligazón para más detalles) neste soporte, ofrecendo numerosas correccións e optimizacións, que se fan especialmente palpables á hora de poder gozar aínda mais os últimos lanzamentos en videoxogos. Estas librerías son especialmente útiles para os usuarios que teñan tarxetas AMD, xa que verán unha compatibilidade e  incremento do rendemento substanciais, polo que a actualización é obrigada.

Seguir lendo Lanzado oficialmente Mesa 17.0.0 (ACTUALIZADO)

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-