A miña opinión sobre que Ubuntu poida abandoar os 32bits

Onte comecei a ler en moitos portais e blogs sobre que Cannonical esta a tomar en consideración a posibilidade de retirar o soporte os 32 bits nas súas distribucións. A priori pode parecer algo lóxico, xa que Ubuntu precisa ter un equipo medianamente moderno para funcionar en condicións, e estes por norma xeral poden soportar os 64bits.

ubuntu-logo14

Teño que darlle a razón en que traballar no desenrolo, compilación e ensaio de esta arquitectura come moito tempo que podería estar adicado a outras tarefas mais “produtivas”. Ubuntu especula con retirar progresivamente o soporte os paquetes pouco a pouco ata chegar a próxima LTS (18.04). Non vou a entrar en profundidade no tema por que esta información podédela atopar en moitos sitios (p. ex. aquí ou aquí). O que si vou a facer e dar a miña opinión.

Persoalmente a min faríanme un fraco favor porque no meu traballo teño bastantes equipos un tanto antigos que gracias a GNU/Linux poden seguir usándose para certas tarefas con bastante solvencia. Son equipos que funcionan como servidores de cousas que non requiren moita potencia, equipos para traballar con ofimática, consultas, aplicacións educativas… Ata o de agora estou a usar Linux Lite 32bits para estas necesidades por que é unha distribución lixeira que ten unha boa selección de programas, un bo equilibrio entre rendemento e características, e por riba está baseada en Ubuntu, co que iso reporta en calidade dos repositorios, soporte e comunidade. Si se confirma que se deixa o soporte os 32 bits, por exemplo, esta en outras moitas distros lixeiras baseadas en Ubuntu, perderían o meu xuízo, a súa razón de ser, ou coma mínimo gran cantidade de usuarios.

Tamén é ben certo que sempre hai e haberá mais alternativas mais ou menos semellantes coma Debian e derivadas, das que poder tirar no caso de que finalmente Cannonical decida abandoar ese soporte, ainda que si queremos consolarnos, tamén debemos ter en conta que xUbuntu 16.04 32bits ten soporte de 5 anos ata 2021. ¿Cal é a vosa opinión?

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

3 reflexións sobre “A miña opinión sobre que Ubuntu poida abandoar os 32bits”

  1. Non sei que dicirche. Todo o que eu teño pode, en teoría, mover sistemas de 64 bits, pero as máquinas máis velliñas andan moi escasas de RAM e os 64 bits, ao consumir máis RAM, non lles senta ben de todo.

    Entendo que os tempos van cambiando e que os 32bits cada día teñen menos sentido no que ao hardware actual se refire, pero segue habendo moitas máquinas polo mundo adiante que que funcionan perfectamente pero van moi escasas de recursos, máquinas que ben se poden aproveitar por quen non teña a capacidade económica para facerse con hardware máis moderno, e resulta ser o caso de grande parte da poboación mundial.

    Como Canonical gusta moito de dicir aquilo de Linux para seres humanos… pois iso, moito mellor se é para TODOS os seres humanos.

    Saúdos.

  2. No meu caso por exemplo, teño entre outras máquinas de 32 bits, unha aula de 20 equipos con Pentium IV 3.2Ghz HiperThreading, cun 1GB de memoria RAM que con Linux Lite funcionan perfectisimamente para as cousas que fan os rapaces de Primaria, como ofimática, buscar cousas en Internet e a Wikipedia, etc.

    Logo teño varias máquinas semellantes facendo de servidores de FTP, firewalls, un servidor LAMP para unha web de uso interno na empresa…

    Que fago con todo iso, tiroo?

  3. Obviamente non.

    Pero eu xa ía máis aló do meu caso ou do teu. Pensaba no acceso ás novas tecnoloxías en lugares onde, se cadra, só poden acceder a máquinas recicladas das que aquí case ninguén usa.

    Esas máquinas, ainda que soporten os 64 bits, como moitos Pentium IV (non sei se todos), polo xeral teñen pouquiña RAM para lles poñer un sistema de 64bits, pero cun sistema lixeiro de 32 bits poden ser moi funcionais.

    Alternativas hai, claro que si, pero Ubuntu é un sistema moi fácil de aprender e de administrar, moito máis que debian ou outras distros.

    Os que nos vai o tema e controlamos algo, aínda que non sexa moito (como no meu caso), tiramos por Debian ou por calquera outra, pero Debian é un pouquiño dura para un simple usuario.

    Saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará