… a ver si nos acostumamos: chegou Natty Narwhal

Preguntaredesvos o por que do titulo, pero xa sabedes que son un pouco escéptico ca inclusión de Unity na nova versión de Ubuntu que acaba de sair fai horas.

Como de costume informo sempre das novas versións, pero con esta chegou a polémica. O novo escritorio da “peña de Cannonical” esta a ter tantos fans coma detractores. Eu a verdade ainda non me acabo de decantar por uns ou por outros, pero a verdade é que non me acaba de convencer esta novidade.

A parte disto temos moitas novidades en paquetes incluidos na distribución, como é a sustitución de Rhythmbox por Banshee (eu quedaría con Exaile ou Guayadeque, ainda que si recoñezo que Banshee é mellor que o seu predecesor); Openoffice por LibreOffice (si señor, que aprendan os “guays” de Oracle), Firefox 4 (prefiro Chromium) e a nova versión do Kernel, 2.6.38, que inclue o famoso parche das 200 liñas e algunha “cousiña” mais.

Xa sabedes, a descargalo e a comentar:

Descarga Ubuntu 11.04

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “… a ver si nos acostumamos: chegou Natty Narwhal”

  1. A min tampouco me está convencendo moito, resultabame mais rápido e comodo Gnome, pero supoño que é cuestión de costume.

    Penso que a Unity quedalle moito por desenrrolar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *