Activar a Aceleración por Harware en Chromium 10

Recentemente saiu a 10 versión de Chromium, con multitude de melloras, sobre todo en canto a velocidade se refire. Por defecto para linux a aceleración por hardware non ven activada. Se queredes facelo so tendes que facer o seguinte:

Escribe na barra de direccións “about:flagse despois activa as seguintes opccións:

-Efectos gráficos acelerados por GPU (GPU Accelerated Composting)

-Canvas 2D acelerado por GPU (GPU Accelerated Canvas 2D)

-Prerenderizado de páxinas web (Web Page Prerendering)

Xa me contaredes se notades algunha diferencia, eu polo de agora non notei cambios.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *