Actualizado o Blog a WordPress 3.4

Hai un par de dias saiu unha nova versión de WordPress (3.4 Green) que realmente incorpora novidades moi salientables, sobre todo para o que é a personalización que é agora moito mais fácil.

Podemos cambiar sinxelamente aspectos tales como o título, descripción, cabeceira, colores, fondo da páxina, etc, previsualizando en tempo real como quedarían estes cambios; sendo todo moito mais intuitivo e directo.

Outras novidades son as melloras no panel de administración, a inclusión dunha ligazón permanente a Twitter no editor de posts, as lendas das imaxes poden incluir código HTML (podemos por ligazóns). Tamén hai multitude de correccións e optimización que proporcionan un mellor rendemento.

Si o teu blogue está feito en WordPress recomendoche que actualices o antes posible para disfrutar destas melloras. Eu xa o fixen.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *