Actualizar Kernel e Xorg en Ubuntu 14.04 LTS

Como ben saberedes Ubuntu 14.04 e unha versión de Ubuntu con soporte extendido. Recentemente saiu unha nova revisión desta distrubución (14.04.2) que inclue o Kernel e o Xorg actualizados, concretamente as versións 3.16 e 1.16 respectivamente (as que sustituen son 3.13 e 1.15).

Se estades o tanto das novidades do kernel saberedes que hay importantes melloras sobre todo no rendemento e características dos drivers de video, polo que é mais que recomendable a sua actualización.

O proceso é moi sinxelo e simplemente debedes abrir unha terminal e teclear:

sudo apt-get install –install-recommends linux-generic-lts-utopic xserver-xorg-lts-utopic libgl1-mesa-glx-lts-utopic libegl1-mesa-drivers-lts-utopic

Non sei por que pero onde pon “–install-recommends” son dous guións seguidos e o copiar so pon un. Tende coidado con iso

Logo reinicias o ordenador e listo. No caso de que tiveras problemas e non dese chegado o escritorio, arrincas o PC en modo de recuperación (no GRUB) e executas os seguintes comandos:

sudo dpkg-reconfigure xserver-xorg-lts-utopic

Despois reinicias de novo e listo.

Ubuntu-14.04-Trusty-Tahr

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

31 reflexións sobre “Actualizar Kernel e Xorg en Ubuntu 14.04 LTS”

  1. Saúdos, Leo.

    Vimos de falar estes días enn MuyLinux sobre a instalación do driver nvidia-346 por mor de faer andar o Bioshock Infinite, e aquí ando. E mira que teño escrito no Google as palabras “ubuntu galego” e non me saíu este blog nunca, pero xa está apuntado nos meus marcadores.

    En calquera caso, xa imaxinaba que serías galego por ese Vigo do perfil de Disqus, e pensaba que debías ser o mesmo que un tal “Leíllo” que ten un avatar calcado ao de Disqus, que tiña visto outras veces.

    Dito o anterior, despois de metidos en faena co driver de xorg-edgers xa case me atrevía co kernel. Pero a pregunta é: ¿realmente paga a pena actualizalo?

    1. Polo que sei hai moitas melloras de rendemento e compatibilidade, sobre todo no apartado gráfico, pero con drivers libres. O driver de synaptics tamén se actualiza. Tamén se actualiza neste comando, a parte do kernel, a versión do Xorg

      Saudos e encantado de verte por aquí

  2. Así da gusto, ho, poder falar ao xeito.

    Pois non sei que dicirche. Dareille unha voltiña a ver se me decido.

    Para o driver tiña a escusa do Bioshock, pero para isto xa non teño. Como teño lido por aí que, ás veces, casca o stack gráfico e cousas desas…

    Veremos.

    1. Por certo, ¿conseguiches que che pillara o 346? ¿Comprobaches que che cargara o driver privativo? Supoño que viches as diferentes formas de comprobalo no post de MuyLinux

      Saudos

  3. Si, ho, vin o teu comentario no MuyLinux.

    Eu creo que o debía de estar usando porque o Nvidia Settings dicía que o driver era o 346. Ademais, segundo lembro, xa na instalación inicial, o driver libre non era quen de poñer nin sequera a resolución nativa do monitor.

    En calquera caso, agora estou no choio e non o poderei ver ata a tarde e daquela cóntoche.

  4. Boa tarde, Leo.

    Xa che deixei recado da operación drivers no MuyLinux. Pareceume boa cousa que rematara alí, tendo en conta que a conversa empezou alí.

    Vamos, que se non están os 346 minten todos os comandos de marras.

    Eu non che ghasto redes sociais desas, pero agardo que me permitas preguntarche algunha dúbida de cando vez a través do Blog.

    Moi obrigado e saúde.

    1. Aqui estou para o que desexes. Alédome moito de axudarche. Non actualizo moito por falta de tempo, pero espero que o contido do blog che sexa polo menos un pouco útil.

      Saudos e espero volver a falar contigo

        1. Ola de novo, Leo.

          Xa hai un tempo que non pasaba por aquí.

          Respondo neste comentario porque a cousa vai disto, do ppa oficial para drivers. Se non lin mal (non entendo inglés e traduzo con Google), os de xorg-edgers xa lles cederon o choio dos drivers aos de Graphics Drivers Team, é dicir, xa non os ofertan no seu propio ppa, senon que para os drivers habería que engadir o ppa de Graphics Drivers Team.

          Asumindo que isto sexa correcto, que me parece que si, a pregunta é a seguinte:

          Merquei en Steam o Shadows of Mordor nunha oferta, e vexo que recomendan actualizar os drivers á última.

          Eu agora estou cos 346 e o xogo pide os 352, mínimo. Estou pensando en empezar a darlle caña ao xogo, pero terei que actualizar antes os drivers. Daquela, entendo que tería que engadir o novo ppa. Entendo, tamén, que podería prescindir do ppa de xorg-edgers, porque só o usaba para os drivers, é dicir, debería de poder eliminalo sen problemas, non?

          Despois podería valer un:

          sudo apt-get remove –purge nvidia-346 nvidia-settings

          Por suposto, despois do reinicio de rigor e de engadir o novo ppa, habería que mandarlle un:

          sudo apt-get install nvidia-352 nvidia settings

          Logo, reinicio que dios te criou e, con sorte, todo iría ben, non?

          Agradecíache un cabliño, meu, porque estas cousas sempre me dan algo de reparo.

          ¿Como ves a operación?

          1. Exactamente todo tal é como o comentas. Totalmente correcto. Ainda que eu en vez de desinstalar e volver a instalar, vou a controladores adicionais e logo actualizo o driver dende ahí. Son un un pouco mais vago. 😀 😀 😀

            Por certo, xogazísimo o Shadows of Mordor. É un pedazo de AAA!!! Agora eu estoulle a pegar o Bioshock Infinite e teñolle ganas o Alien Isolation que sai a semana que ven.

          2. Respóndoche aquí, que a conversa xa no dá para máis!!!

            O Bioshock encantoume, a historia é moi chula, gráficamente precioso… sóbranme tiros, iso si, eu son máis de espada, son un clásico, que lle imos facer!!! O Alien hai que velo. Se fan unha oferta chula, igual o merco.

            Respecto dos drivers, se pasaches o Shadows of Mordor en Linux, digo eu que actualizarías os drivers aos 352, non? Xa usaches o ppa de Graphics Drivers Team? E foiche todo ao xeito?

            Saúde.

          3. Impresionante Bioshock Infinite. Que final!!!

            Sobre os drivers foime todo perfecto, non houbo nengún problema. Shadow of Mordor supoño que estarei polo metade do xogo, levo sobre unhas 40h según Stema

          4. Asumo que usaches xa o ppa novo e, sendo así, a ver se un día destes me poño ao tema e empezo co Shadows…

            Outra cousa que lle vin ao Bioshock, ademais do exceso de disparos, é que se me fixo curto!!! O corpo pedíame máis e, ao final, tiña esa sensación medio rara de que todo se precipitaba vertixinosamente. Eu aínda botaba unhas horiñas máis dándolle!!!

            Cóntoche o resultado da operación drivers en canto me poña ao asunto.

            Saúde.

          5. Ola outra vez, Leo.

            A operación actualización de drivers está feita e parece que todo foi ben, pola pinta.

            Finalmente optei pola interfaz gráfica dos controladores adicionais e parece que a cousa funcionou ben.

            Xa che irei contando a aventura de Shadow of Mordor cando me poña ao tema.

            Saúde!

          6. Non, os Batman non os pasei, merqueinos o outro día no Steam, que había unha oferta macanuda, pero aínda os teño agardando. Ando escaso de disco duro e teño que facerme con algo máis grande, a ver se merco un WD Black un día destes.

            Con franqueza, non me entraba nos plans mercar o Shadows of Mordor, pero eu non che son moi indy que digamos, vanme máis os AAA e estou mercando o que vai saíndo en Linux, aproveitando os ofertóns que vai sacando Steam cada vez que estra un port, claro está.

            A gaming en Linux xa se empeza a poñer moi interesante, a verdade.

            Saúde.

          7. Home, no Alien si que pensaba.

            E o Grid Autosport estiven a puntiño de mercali aí atrás, que houbera unha oferta na que estaba a dez euros, por aí, pero para Windows só. Ou é que tamén hai port en camiño?

          8. O tradutor de Google dime algo así como que hai rumores de que se vai facer unha versión para Linux.

            A ver se é certo, xa hai tempo que teño o meu volante criando teas de araña!!!

  5. Mala cousa non sería, non. Aínda que eu moito partido non lle saco. Ao final tócolle daquí e dalí ás configuracións dos xogos ata que me vaia no límite dos 60 fps, por aí, sen sacrificar máis calidade gráfica da conta. Nunca conseguín poñelos ao gusto co Game Experience, pero se as optimizacións foran máis axustadas sería ideal.

  6. E, en calquera caso, non sei que dicirche. Acabo de mirar en Steam e está a 10€, o xogo só, e a 37,79€ se o compras con todas as extensións.

    Non sei, non sei.

    1. O blog está nun espacio gratuito (wesped) que ten un límite de 1GB de tráfico o més, polo que cando se supera ese tráfico deixa de funcionar. Ultimamente estame pasando a miudo. No ultimo ano pasoume 3 veces.

  7. Unha cousa, Leo.

    O Sombras de Mordor estar, está ben chulo, pero o audio está en español latino.

    Eu pensaba que non había tradución ao español de España, pero vendo vídeos en Youtube, vexo que si que hai.

    Ti tiveches o mesmo problema?

      1. Andei a mirar por internet adiante e non somos os únicos, polo que se ve.

        Acabo de facer o propio, mais non só llo mandei a Feral, tamén llo mandei á Warner, que é o soporte que dan na propia Steam.

        Pero, se xa o comunicaches hai tempo e seguen na mesma, e seguro que houbo máis tropa que fixo o mesmo, mal o vexo.

        Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *