Análise: Mad Max

“”La gasofa dónde está
dónde está la gasolina
si tuvieras combustible
cuantas millas andarías.
comes latas para perros
que, ñam! ñam!, están muy buenas
esta noche hay masacre
y mañana adiós muy buenas

Y mírate Max, estás hecho una pena Max,
estás hecho una pena””

Recordando vellos e mellores tempos, penso que esta canción de Siniestro Total  vaille o pelo para dar entrada o seguinte artículo:

Pouco mais dun ano despois da sua saida en Windows e consolas chéganos aos nosos libres escritorios un título AAA con todas as da lei.  Mad Max está desenrolado polos estudios Avalanche (Saga Just Cause, Renegade Ops) e trátase dun sandbox (nunca mellor dito o de caixa de area, pois hai bastante) . O port a Linux/SteamOS e Mac está realizado, como soe ser habitual ultimamente con títulos deste calibre, por Feral Interactive (F1 2015, Shadow of Mordor, Deus Ex: Mankind Divided, Tomb Raider…)

Por si queda alguén que non coñeza a saga de cine Mad Max, está ambientada nun mundo postapocalíptico onde os poucos humanos que ainda sobreviven abrense paso nun deserto sen recursos, e a violencia desenfrenada é a tónica xeral. Como saberedes, a parte da derradeira película estreada o ano pasado, está a triloxía orixinal interpretada por Mel Gibson.

Pero imos o que nos importa, que é o xogo. Como comentaba antes, no resto de sistemas lanzouse hai mais ou menos un ano con opinións para todos os gustos. Estas viñan motivadas polo repetitivo das mecánicas de xogo principalmente. Como no meu caso isto non é algo que me importe moito decidín lanzarme, e ben que fixen, por que atopei un xogo absorbente que invita a xogar horas e horas.

madmax06

Pero imos por partes, e para elo comezaremos coas odiosas comparacións, xa que as influencias son claras. Ten elementos de Tomb Raider, sobre todo no tocante ao completado de items nas diferentes zonas, progreso da persoaxe, combate… esto xa víramos antes noutro xogo de Warner Bros, como é Shadow of Mordor . Obviamente tamén atopamos influencia de outros sandbox coma GTA no tema de conducción, mapa…

O xogo está localizado con textos e subtítulos en castelán, pero as voces están en Inglés. Isto pode ser bo ou malo segundo se mire. Persoalmente a min non me estorba se se trata dunha cinemática ou nunha escena na que poidas parar a ler, pero por exemplo cando vas conducindo e “Chum” ponse a falar contigo custa un pouco mais. Este “defecto” tamén o podemos atopar en xogos como GTA IV e V.

madmax05
A calidade do páramo por onde nos movemos e asombrosa

En Mad Max todo xira arredor dos coches, e nesa faceta é onde o xogo sobresae, permitindo coas melloras e persoalización crear a nosa máquina de guerra o noso gusto. As diferentes partes dos coches pódense conseguir completando misións e subindo niveis. Estas poden ser melloras de prestacións do coche, blindaxes, armas, carrocerías, pinturas, etc. Tamén podemos desbloquear opcións preconfiguradas de “Magnum Opus” chamadas “Arcángeles” con características optimizadas para diferentes facetas do xogo. Podemos facernos cos vehículos  inimigos e coleccionalos ou usar o Buggie do noso compañeiro e mecánico “Chum”  para, xunto co noso can, buscar e desenterrar minas en diferentes partes do mapa. Co noso Magnun Opus, a parte de desprazarnos polo mapa, poderemos atacar outros coches e estruturas, utilizando para elo diferentes armas, entre as que sobresae o gancho. Tamén podemos usar a nosa escopeta, canóns de chamas e o rifle francotirador. No caso de este último teremos que deter o coche, como é lóxico, para poder utilizalo. O noso coche, por suposto, consume gasolina, algo que neste mundo no que xogamos é difícil de conseguir, e que nos primeiros compases do xogo darannos algún que outro problema.

madmax02
A customización do coche é un dos aspectos mais sobresaintes do xogo

As melloras non so atinguen os vehículos, xa que tamén hai espazo para o “crecemento persoal”.  Segundo imos avanzando no xogo iremos subindo de nivel e conseguindo puntos de “Griffa” que nos permitiran mellorar as nosas aptitudes, coma se nun xogo de rol se tratara. Estas aptitudes poden ser os puntos de vida, a eficacia e duración das armas corpo a corpo, a habilidade para extraer auga, metabolizar comida, optimizar a gasolina, atopar mais munición ou chatarra…. Tamén podemos desbloquear ou comprar melloras da nosa equipación, como guantes, armas, armadura, ataques… ou simplemente diferentes aspectos ou skins (pelo, barba, gafas, etc)

madmax03
Max poderá mellorar as súas habilidades e persoalizar a sua apariencia.

Chatarra… esa é a palabra máxica neste xogo. A chatarra é a moeda de cambio en Mad Max. Podémola conseguir de diferentes xeitos, espallada polo mapa en campamentos, en lugares ocultos, como recompensa por completar misións, como envíos regulares por ir liberando campamentos, ou persoaxes repartidos polo mapa que si lles axudas reparten o botín contigo. Tamén podemos conseguir chatarra esnaquizando vehículos inimigos ou derribando espantallos, unhas estructuras repartidas polo mapa para recordar o dominio do noso principal inimigo, “Scabrous Scrotus”.  Esta chatarra pode servirnos para comprar melloras para o Magnum Opus ou para aumentar as habilidades de Max.

madmax11
O mapa está dividido en Rexións gobernadas dende unha fortaleza e divididas en diversas zonas

O mapa en Mad Max é incriblemente grande, e está dividido en diferentes rexións, cada unha delas controlada por diferentes caudillos, dos que temos que ser merecedores do seu favor para poder acceder as suas fortalezas. Nun principio comezaremos no santuario de Chum, o noso compañeiro de andanzas, pero pouco despois teremos que abandoalo e buscar acomodo na fortaleza de Jeet. Nas fortalezas outorgarannos misións e tamén poderemos ir desbloqueando proxectos que facilitarán a vida nestas, como depósitos de petroleo, de auga, criadeiro de vermes (comida), armería, etc. Estas melloras permitirannos por exemplo encher a nosa cantimplora de auga, o tanque do noso vehículo, a munición, etc. Arredor de estas fortalezas, na rexión controlada polo caudillo, haberá diferentes zonas con diferentes misións, campamentos, lugares que saquear, campos de minas… nos que teremos que ir explorando pouco a pouco. Algo importante no xogo é reducir a ameaza de Scrotus en cada unha destas rexións, derribando espantallos, acabando con francotiradores, liberando campamentos, acabando con convois de transporte de gasolina, ou desenterrando minas antipersoais. Reducindo a ameaza conseguiremos o favor dos caudillos e desbloquearemos melloras. Tamén poderemos desbloquear “Atalayas”, que son campamentos cun globo aerostático que nos permite ver as diferentes localizacións que hai na rexión usando os nosos prismáticos; e tamén nos permite o desbloqueala para poder realizar viaxes rápidos polo mapa.

madmax01
O noso can axudaranos a localizar minas antipersoais

En canto a certos aspectos técnicos do xogo, compre dicir que hai aspectos moi ben deseñados e estructurados, e outros que non tanto. Por exemplo, no tocante o tema da condución, dicir que é totalmente arcade, tanto o que é o moverse polo mapa, coma o que son os combates con outros vehículos; ademais préstase moito a “facer o cabra”.  Poderemos usar o turbo,  aproveitar o entorno ou rampas para realizar saltos espectaculares. Neste aspecto pódese dicir que Avalanche Studios fixo un traballo soberbio. A parte da conducción, os combates contra outros vehículos son xeniais, podendo facer embestidas para destrozalos, usando armas que iremos adquirindo e mellorando durante o desenrolo do xogo.

madmax04
Acabar cos convois inimigos baixará o nivel de ameaza

 

Se a condución e excelente, non se pode dicir o mesmo dos combates corpo a corpo, onde a xestión que fai a cámara pode xogarnos algunha que outra mala pasada. Ademais da a impresión de que, por exemplo, os rexeites ou os remates non son todo o precisos que deberían cando pulsamos as teclas correspondentes. Aínda así acábaselle collendo o punto e fanse mais levadeiros.

Os escenarios tamén poden pecar de repetitivos, pero tendo en conta o mundo onde nos movemos, é ata certo punto completamente normal.  Digamos que un deserto da para ben pouco en canto a variedade do entorno. Aínda así penso que o retrato que fan de este é fantástico e inmersivo. En canto o aspecto das estruturas e persoaxes tamén son moi repetitivas. Nas primeiras, a excepción das fortalezas e algunha localización que outra, son todas semellantes. No canto das persoaxes, excepto as que entran na historia, son todas parecidos, por exemplo os NPC’s.

madmax10
O sistema de combates, sin ser malo é bastante mellorable

Falando dos inimigos, tamén son todos moi iguais en aspecto, e hai pouca diferencia entre eles a hora de realizar ataques. Especialmente sangrante é o caso dos Xefes de cada región, que mais ou menos son todos semellantes e atacan do mesmo xeito ( polo menos ata onde eu cheguei): Un fulano enorme e careco cunha maza ou algo semellante na man que por norma xeral embiste coma un touro e so temos que esquivalo e atacalo polas costas ou con armas. A dificultade basicamente radica no número e o tipo de séquito que leve.

En canto o tema das misións, dicir que excepto certas principais, son pouco inspiradas e non son moi variadas. Estas seguen o típico cliché de ser “o rapaz dos recados” do resto das persoaxes A historia tamén non é un derroche de orixinalidade aínda que en liñas xerais o argumento é bastante convincente e ten algún que outro xiro, que aínda que non é imprevisible, si consegue engancharnos para saber que vai ocorrer despois.

madmax09
As latas de comida para cans son o menos noxento que imos a comer

A nivel técnico, a pesares dos elevados requisitos técnicos do título, pódese dicir que Feral Interactive fixo un bo traballo, xa que o xogo móvese con soltura nun equipo medio, habendo somentes moi de vez en cando algunha baixada de frames pouco importante. Por por un exemplo, no meu equipo, que como saberedes é bastante normaliño (i5 a 3.3Ghz, GTX950 , 16GB de RAM), o xogo en calidad media-alta non baixa nunca dos 60 FPS e a media mais ou menos é de 70-80 FPS, polo que non temos que ter medo de que o rendemento sacrifique a xogabilidade.

Tamén atopei unha incidencia co Steam Controller, xa que este ten un problema coa configuración por defecto, a cal fai que non poidamos usar a cámara coma se de un rato se tratase mentras nos estamos a mover. Segundo o soporte de Feral esto solucionase remapeando a man todos os controis. Non vos podo dicir que esta solución funcione por que o final conseguín xogar utilizando o control de cámara como un trackball, e acostumeime  a esa forma de xogar.

Pero non nos deixemos levar pola negatividade, xa que en liñas xerais estamos ante un moi bo xogo que non defraudará a case ninguén; e ocasións de disfrutar un xogo deste calibre nos nosos escritorios, polo de agora, temos poucas. En Mad Max temos a oportunidade de xogar horas e horas para completar todos os retos e localizacións por expoliar ou liberar, de conducir libremente polo páramo, de enzarzarnos en combates co noso coche… En liñas xerais estamos ante un xogo que sen chegar á excelencia consigue capturar o xogador coa súa ambientación, capacidade de persoalización e certas mecánicas de xogo moi ben conseguidas.

Se queres comprar Mad Max para Linux/SteamOS (ou Windows) podes pasarte por INSTANT-GAMING e adquirilo a un precio sen competencia:

Mercar MAD MAX en Instant-Gaming

Podes ver este artigo en Castelán en www.JugandoEn Linux.com

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

7 reflexións sobre “Análise: Mad Max”

  1. Ola Leo.

    O xogo non é exactamente do meu estilo, e non me vexo xogandoo. Pero hai que recoñecer que co prezo que ten en Instat Gaming non te vas arruinar.

    E, ao fío disto, leva anos intrigándome como raio poden vender os xogos aos prezos que os venden Instat Gaming e outras páxinas similares. E mira que Steam ten bos prezos cando fai ofertas, pero o destas webs non é normal.

    Tes idea de como o dan feito?

    Saúdos.

    1. Non sei cal é o estilo de xogos que che soen gustar, pero este ten un pouco de todo…. conducción , pelexas, exploración e unha barbaridade de retos.

      En canto a o tema das claves eu tampouco teño nin idea. Supoño que comprarán moitas en mercados de outros paises onde estas son mais baratas e logo revenderanas.

      1. Algo así explican eles nas FAQ, pero a diferenza de prezo con outros sitios é tan grande que che fai dubidar da legalidade.

        Mercaches algunha vez aí?

        E, se foi así, que tal a experiencia?

        1. Xa merquei catro ou cinco xogos, e non tiven non o mais mínimo problema. Todas as claves funcionaron correctamente e os cargos foron correctos. O único malo é que non se pode usar PayPal sin que che metan un recargo.

          1. Con semellantes prezos, imaxino que o recargo do PayPal ha de ser un mal levadeiro.

            Quitando que non teño conta en PayPal nin en ningún outro servizo similar (tería que facer unha), con eses prezos, haberá que pensar seriamente se mercar aí.

            Saúdos.

  2. Eu agora estou dándolle caña ao Assassins Creed Unity, que hai tempo que o mercara nunhas rebaixas de Steam, pero nin o instalara aínda por escasez de espazo. Merquei un disco o outro día e agora teño 500GB adicados a xogos en Windows e 1TB para Ubuntu, que é o sistema principal. De momento, sobrado. Todo se andará.

    E, precisamente onte, merquei o Rise of Tomb Rider, que o tiñan en Steam por aí ao mesmo prezo que en Instant Gaming. Iso si, ambos dous sen versión para Linux.

    Teño que dar unha voltiña por Instant Gaming e mercar algún destes que están tirados de prezo, a ver como é a experiencia.

    Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *