Análise: Nvidia GTX 950 2GB (Actualizado)

Recentemente cambiei a miña tarxeta gráfica (Nvidia GTX 650) por unha Gigabyte GTX 950-2GB OC Edition. Esta gráfica cumpría as miñas expectativas en canto a prezo, xa que o meu equipo xa ten uns cantos aniños e penso eu que non paga a pena gastar mais de 150€ neste compoñente.  Tamén estiven a mirar a GTX960, pero xa escapaba no prezo, pasando a custar de 200€ para arriba, polo que non tiven mais remedio que descartala….

No meu caso as opcións reducíanse, xa que o ser usuario de GNU/Linux, as solucións que presenta AMD o respecto no noso sistema son bastante inferiores en rendemento por desgraza, sendo isto principalmente por culpa dos deficientes drivers que tanto AMD como a comunidade presentan. Isto está a cambiar pouco a pouco, e estanse a producir importantes progresos, pero inda así o soporte que ten NVIDIA en GNU/Linux é moi superior, se falamos de drivers privativos.

GTX950

O aspecto exterior comparándoa coa GTX650 é unha tarxeta mais pequena e sinxela, pero que iso non leve a engano. Estamos a falar dunha tarxeta moi superior en todos os sentidos. Para empezar é moito mais eficiente enerxéticamente ca anterior xa que so consume 90W (a 650 rondaba os 120- 130, creo que recordar). Dispón do típico conector de 6 pins para alimentación extra, o que é algo que debedes ter en conta no caso de que a vosa fonte de alimentación teña uns cantos anos ou sexa moi sinxela.

É tamén importante recalcar que dispón dun porto SLI que podería permitir instalar unha segunda tarxeta gráfica paralela para incrementar substancialmente o rendemento. Obviamente non é o meu caso, xa que o que buscaba era unha tarxeta económica, pero penso que está ben sabelo. En canto o aspecto exterior so presenta un ventilador, o que o principio preocupoume un pouco pensando que isto podería ser motivo de excesivo ruído cando se lle metese un pouco de caña, pero sorprendentemente non notei nada. Polo que lin estas tarxetas o ser mais eficientes e consumir menos tamén quecen menos cos modelos anteriores e non precisan tanta refrixeración.

En canto a saídas de video dispón de , 1x HDMI, 2x DVI (unha delas con saída analóxica que permite un adaptador para VGA), e 1x Display Port. Tamén ten unha reixa para ventilación o lado destas saídas.

Pero imos o que realmente importa, as características internas. Estamos ante unha tarxeta de 128bits ensamblada coa tecnoloxía dos 28 nanómetros, con 1051Mhz e 2GB de GRAM DDR5.  Soporta DirectX12, OpenGL4.5 e por suposto Vulkan. Pode soportar unha resolución máxima de 4096×2160 e 4 monitores conectados, ainda que isto penso que si fora o caso é unha tarxeta insuficiente, xa que o meu parecer está pensada para 1080p.

En canto a experiencia a hora de xogar podo dicir que si, que realmente se nota a mellora en canto a fluidez. Probeino con Tomb Raider e podo dicir que teño unha mellora de uns 15-20 FPS en calidade alta.  En GRID Autosport o incremento e de 10-15 FPS (as veces ata 20). Shadow of Mordor presenta uns resultados semellantes. En Euro Truck Simulator 2 hai moi pouco diferencia, pero probablemente se trate de que é un xogo moi mal optimizado, poderíase dicir que mellora entre 5 e 10 FPS. Tendo en conta os resultados gustaríame dicir que moitos destes xogos antes non chegaban os 60 FPS en calidade alta, e agora o fan con facilidade, o cal mellora a experiencia de xogo moitísimo.

En canto o “Lado Escuro”  de Windows quizais os resultados sexan maiores, xa que os xogos están deseñados para este sistema operativo (os xogos dos que falei antes son ports adaptados a Linux). So podo falar por GTA V e Evolve pois son os únicos que teño instalados neste sistema. No caso do primeiro a mellora e espectacular. Se antes tiña que xogar a unha media de 45-50 FPS, agora sobrepasa os 70-80 facilmente. En canto a Evolve non hai cor, antes era imposible xogar, xa que ia a saltos, en troques agora fluctua entre 50 e 70 FPS, o que fai o título completamete xogable.

Hei de dicir que o meu equipo xa ten uns 5 aniños (i5-2500) e iso nótase, polo que moitos de vos, se tendes equipos mais recentes probablemente vaides a atopar melloras maiores.

ACTUALIZACIÓN:

Decidín facer uns tests de xogos actuais diversos na calidade mais alta en Linux coa tarxeta. O equipo ten as seguintes características:

CPU Intel i5-2500 (3.3Ghz x4)
Placa Base ASUS P8B WS (Socket 1155)
Memoria RAM 16 GB DDR3 Kingston HyperX (ca placa funciona a 1333 Mhz)
Gráfica Gigabyte GeForce GTX 950 – 2GB OC Edition (Drivers 367.44)
Sistema Operativo Ubuntu 16.04 64bits
Xogo Nivel de Detalle FPS Media FPS Máximos FPS Mínimos
Tomb Raider (2013) Ultra 52,8 62,3 42,2
Shadow Of Mordor Ultra 26,4 67 8
Company Of Heroes 2 Máximo 31,39 47,71 23,69
Grid Autosport Ultra 56,34 76,86 45,71
Total War Attila Extremo 19,2 23 13

Como vedes os números non están mal tendo en conta que son na máxima calidade que se pode facer a proba. No caso de Shadow of Mordor e Total War Attila, o reducir a calidade a alta o media-alta, os números melloran moito. Ademais hay que ter en conta que Total War Attila non é un xogo moi ben optimizado para GNU/Linux, ainda que o tratarse de estratexia en tempo real tampouco fai falla que vaia a 60FPS.

Como conclusión podo dicir que a GIGABYTE GTX 950 OC Edition e unha tarxeta excelente en relación calidade-prezo, que permite actualizar os nosos vellos equipos e darlle unha segunda vida si  nos gustan os xogos de última xeración. Esta tarxeta vainos garantir xogar en calidades medias-altas a 1080p con solvencia. Se estades interesados en mercar esta tarxeta recoméndovos esta ligazón de Amazon, cun prezo mais que interesante:

Gigabyte GV-N950OC-2GD – Tarjeta grafica NVIDIA GeForce GTX 950 (2 GB, PCIE 3.0, 128 bit, DisplayPort)

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

4 reflexións sobre “Análise: Nvidia GTX 950 2GB (Actualizado)”

  1. Tengo una pregunta: Para un procesador Intel I3, sufriría cuello de botella con esta tarjeta? O habría qué adaptarle un procesador I5 para qué dieran un rendimiento óptimo, en Linux al menos.

    1. Non creo sinceramente que teñas ningún problema, e mais, no teu caso penso que o incremento sería moi notable dependiendo da gráfica que teñas actualmente. Ten en conta que a mayoría dos xogos non están optimizados para usar mais de dous núcleos

  2. Eu, polo de agora, aproveitarei un chisco máis a miña GTX760, pero logo haberá que darlle a xubilación. Hai que ir aforrando!

    Saúde.

    1. Tes razón, non creo que haia moita diferencia de rendemento entre a 760 e a 950. O unico si che preocupa moito o consumo de enerxía, polo de mais a 760 é unha gran tarxeta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará