Arranxar a desaparición das barras de Unity en Ubuntu

Non sei si vos pasou algunha vez, pero xa é a terceira vez que me desaparecen as barras superior e lateral do escritorio Unity en Ubuntu. Normalmente ocorre o instalar algún driver gráfico ou cambiar algo no hardware.

As primeiras duas veces tiven que reinstalar o sistema operativo completo, xa que despois de desinstalar e reinstalar o escritorio Unity e probar moreas de cousas non conseguín polo a funcionar. Na segunda ocasión dinme conta dunha cousa, xa que aparte de unity instalei outros escritorios como Gnome, KDE, etc; ata que instalei gnome-fallback con metacity, que nese caso si conseguín ter un escritorio funcional para polo menos ter algo.

Esta mañá foi a terceira vez que me pasa isto, probablemente por que son un fozón e sempre estou a probar cousas novas. Tendo en conta o que me pasou a vez anterior ocorreuseme que o problema podería estar non en Unity, senón en Compiz, polo que me puxen a buscar por ahí, e o final atopei a forma de restealo; “et voilá” Unity volveu o seu estado normal.

Polo tanto o que temos que facer si nos pasa isto é simplemente resetear o compositor, e para elo simplemente abrimos unha terminal se temos a posibilidade a través dun escritorio con metacity, senón podemos probar con Ctrl+Alt+T, e en último caso, se fallan as anteriores entrando na liña de comandos con Ctrl+Alt+F1. Alí escribimos:

rm -rf ~/.config/compiz-1

Con iste comando borramos a configuración de Compiz. Logo escribimos:

dconf reset -f /org/compiz/

Co que restauramos a configuración por defecto de Compiz.

Se todo foi ben o entrar de novo en Ubuntu con Unity todo debería estar restaurado. Recordade que si fixestes algún cambio na configuración de Compiz este perderíase.

Saudos!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

5 reflexións sobre “Arranxar a desaparición das barras de Unity en Ubuntu”

  1. A min tamén me pasou non hai moito e, efectivamente, era cousa de Compiz.

    Borrar a configuración e listo.

    Podo dar fe de que esas cousas só nos pasan aos que andamos forzando en todo. De feito, cando lle instalo Ubuntu a algún amigote xa nin lle instalo o Compiz Config, non vaia ser que un día lle dea por mirar a ver o que é e monte unha feira.

    O usuario medio, co Unity Tweak Tool vai sobrado, penso eu.

      1. Se cadra tes razón e todo, houbo unha ocasión en que quedei sen lanzador e sen panel despois de cambiar unha trapallada quie nin lembro en Unity Tweak Tool, pero penso que foi por unha incompatibilidade con algo que tocara no Compiz Config.

        Eu penso que Unity Tweak Tool é bastante máis confiable que Compiz, básicamente, porque en teoría só podes facer cousas que está comprobado que funcionan en Unity, non sei.

        Pero iso, si, deixar andar a calquera por aí en modo dios co Compipz é temerario, como mínimo.

          1. Segue os pasos que menciono no artigo e coméntame si se soluciona. Iso basicamente o que fai e restaurar a configuración orixinal.

            Por certo, benvid@

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *