Arranxar a desaparición das barras de Unity en Ubuntu

Non sei si vos pasou algunha vez, pero xa é a terceira vez que me desaparecen as barras superior e lateral do escritorio Unity en Ubuntu. Normalmente ocorre o instalar algún driver gráfico ou cambiar algo no hardware.

As primeiras duas veces tiven que reinstalar o sistema operativo completo, xa que despois de desinstalar e reinstalar o escritorio Unity e probar moreas de cousas non conseguín polo a funcionar. Na segunda ocasión dinme conta dunha cousa, xa que aparte de unity instalei outros escritorios como Gnome, KDE, etc; ata que instalei gnome-fallback con metacity, que nese caso si conseguín ter un escritorio funcional para polo menos ter algo.

Esta mañá foi a terceira vez que me pasa isto, probablemente por que son un fozón e sempre estou a probar cousas novas. Tendo en conta o que me pasou a vez anterior ocorreuseme que o problema podería estar non en Unity, senón en Compiz, polo que me puxen a buscar por ahí, e o final atopei a forma de restealo; “et voilá” Unity volveu o seu estado normal.

Polo tanto o que temos que facer si nos pasa isto é simplemente resetear o compositor, e para elo simplemente abrimos unha terminal se temos a posibilidade a través dun escritorio con metacity, senón podemos probar con Ctrl+Alt+T, e en último caso, se fallan as anteriores entrando na liña de comandos con Ctrl+Alt+F1. Alí escribimos:

rm -rf ~/.config/compiz-1

Con iste comando borramos a configuración de Compiz. Logo escribimos:

dconf reset -f /org/compiz/

Co que restauramos a configuración por defecto de Compiz.

Se todo foi ben o entrar de novo en Ubuntu con Unity todo debería estar restaurado. Recordade que si fixestes algún cambio na configuración de Compiz este perderíase.

Saudos!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

13 reflexións sobre “Arranxar a desaparición das barras de Unity en Ubuntu”

  1. A min tamén me pasou non hai moito e, efectivamente, era cousa de Compiz.

    Borrar a configuración e listo.

    Podo dar fe de que esas cousas só nos pasan aos que andamos forzando en todo. De feito, cando lle instalo Ubuntu a algún amigote xa nin lle instalo o Compiz Config, non vaia ser que un día lle dea por mirar a ver o que é e monte unha feira.

    O usuario medio, co Unity Tweak Tool vai sobrado, penso eu.

      1. Se cadra tes razón e todo, houbo unha ocasión en que quedei sen lanzador e sen panel despois de cambiar unha trapallada quie nin lembro en Unity Tweak Tool, pero penso que foi por unha incompatibilidade con algo que tocara no Compiz Config.

        Eu penso que Unity Tweak Tool é bastante máis confiable que Compiz, básicamente, porque en teoría só podes facer cousas que está comprobado que funcionan en Unity, non sei.

        Pero iso, si, deixar andar a calquera por aí en modo dios co Compipz é temerario, como mínimo.

  2. Desapareceume todos os iconos do escritorio, solo sae a foto de fondo. Como problema añadido non recordo nin o login nin a contraseña. Hai algunha solución? Grazas

  3. Ola, Leo.
    Son Xangal (do foro de ETS). Non sei como contactar contigo (hai tempo que non ando por alí) e atopei o teu blog, así que aproveito pra che comentar que teño moi avanzado o mapa de Galicia (practicamente toda) e ao mellor gustaríache probalo.

    Te estás interesado, pódoche pasar un CD
    con todo o preciso (na versión 1.18, que tamén che pasaría, noutra non funciona), xa que os dous vivimos en Vigo.
    Se queres, dime algo ao meu correo:

    [email protected]

    Apertas.

    1. Hola de novo. A verdade é que fai bastante que non ando por eses foros. Ultimamente ando bastante liado ca vida diaria e apenas teño tempo para nada. Importaríache pasarmo por algún servizo coma We transfer, Mega ou algo así, e bótolle un ollo.

      Saudos!

      1. Ola, Leo

        Fixen unha proba cuns vídeos que che paso do mapa. pra que vaias facendo boca, e a verdade é que tarda un huevo en cargar todo (neste caso, 1,23 gb). Paseinos por YDRAY, que permite ata 5 gb.
        Enlace:
        https://ydray.com/get/l/ms15753459905123/Fg6lqwMLKGB

        Dime se funciona, que mentres teño que ir recompilando todo o do xogo (por aí anda espallado no meu PC), que son uns 7 gbs. Cando o teña intentareino, a ver se furrula…

        Saudiños.

  4. Moitas grazas, amigo.
    Non esperaba menos de alguén que ten as Cíes de cabeceira (eu, por certo, tamén as teño no escritorio dende hai anos).
    Leo, creo que atopei unha aplicación que permite pasar arquivos de peso ilimitado. Mañá remato de recompilar todo e mirarei de pasarcho.
    Mentres, probo con ela, SMASH, con estas fotiños (hai moitas repetidas porque era de cando traballaba co mapa, pero non teño tempo de separalas, sorry…). Creo que che van ir dando unha idea xeral do mapa…

    Enlace:

    https://fromsmash.com/L~FLmY0abh-c0

    Apertiñas…

  5. Desculpa a tardanza. Asuntos familiares tivéronme unha semana fóra de Vigo (sen PC). Arranxo un inesperado problema que atopei na miña remodelación da ponte de Rande e mañá pásoche o xogo sen falta, Leo.
    Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *