Pois si amigos, quen pense por ahí que aquí en Galicia non hai movemento en canto a Distribucións se refire vai moi desencamiñado. En Galicia temos destacadas distribucións que quizais non coñecíades ou non sabíades que eran galegas.
Facendo un pouco de historia, con anterioridade xa se fixeran algúns intentos, sendo o mais reseñable Galinux do cal falei no seu día no Blogue. Basicamente era un Ubuntu traducido o galego con algunha aplicación distinta as que se utilizaban naquel momento (ano 2008). Tiña detrás a Xunta de Galicia e Mancomún, pero chegou o cambio de goberno a Xunta e volveuse atrás, ou sexa a convenios e contratos con Microsoft e outras firmas de software privativo. Decir que funcionaba moi ben, pero claro tendo de base a Ubuntu…
Quizais se hai unha distribución famosa esta é Trisquel. Comezou alá polo 2004 como un proxecto da Universidade de Vigo e pouco a pouco foi crecendo ata ser o que agora, unha distribución con proxección e fama internacional. Ainda que comezou estando baseada en Debian, co tempo tomou como base a Ubuntu, tanto nas suas versións LTS, coma nos seus repositorios. Actualmente van pola versión 7 LTS e dispón de dous escritorios diferentes (Gnome e LXDE), diversas edicións (normal, Edu, Pro, mini)… Pero si hai algo que a caracteriza é que está avalada pola FSF e Richard Stallman como libre 100%, tanto no kernel coma nas aplicacións. Está traducido a multiples idiomas entre os que está por suposto o galego, así como o resto das linguas o estado español.
Outra grande distribución galega (o seu fundador é Alexandre Filgueira, pero agora conta cun equipo internacional detrás) é sen dúbida Antergos. Baseada en Arch (antes era coñecida como Cinnarch), trátase dunha distribución Rolling Release, con escritorio Gnome (ainda que se pode optar por outros coma Cinnamon, KDE, Mate…). Ten un deseño moi coidado con Iconas deseñadas por Numix e un programa de instalación propio moi sinxelo e intuitivo (Cnchi).
Non menos interesante é a proposta que nos fan dende GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) coa sua distribución lixeira MiniNo. Neste momento dispón de 3 versións diferentes; Artabros 2.1 (Debian Whezzy + LXDE), Alguadaira 1.2.3 (Debian Lenny) e PicarOS Diego (Para educación infantil e primaria). Esta distribución está principalmente pensada para equipos con mais de 10 anos de idade, polo que consume moi poucos recursos e é ideal para rescatar equipos vellos que do contrario irían dereitiños o punto limpo. Casualmente de esa circunstancia naceu esta distribución, xa que o GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo) precisaba unha distribución lixeira en galego, adaptada para aproveitar as vellas máquinas da Universidade e reimplantalas para novos usos en entidades sen ánimo de lucro e ONG’s.
Como vedes existen moi bos proxectos de software libre en Galicia e debemos sentirnos orgullosos deles e da xente que traballa detrás. Por outra banda se tendes novos datos que engadir a este artigo, con novas e vellas distribucións galegas, correccións, datos interesantes, etc; non dubidedes en comentar para si é necesario corrixir e actualizar este artigo.
Saudos a todos
Eu sonche ubunteiro, fácil, case todo funciona ben á primeira, dá pouquiños problemas… todo moi ben excepto en detalles coma o deseño artístico que, sen chegar a ser unha cousa fea, bonita, bonita non é.
Aí Antergos gaña, é unha das distribucións máis chulas que hai, danlle a Gnome a voltiña que precisa para ser un escritorio precioso, do máis chulo que hai… bonito, bonito.
A verdade é que Antergos mola moito, o deseño é unha pasada, pero non me dou feito con todo o que non derive de Ubuntu. Estou moi acostumado a os seus repos, as suas aplicacións, configuracións… A ver se con Unity 8 lle dan un repaso a interface e luce un pouco mais. Persoalmente Unity 7 non está mal, e para min é tremendamente cómoda, e mellorou moito en rendemento e usabilidade cos anos, pero si que é certo que podía lucir un pouco mais.