Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible

E por fin chegou o día… Hoxe asistimos a chegada da que pra min é unha das versións de Ubuntu mais ambiciosas. Tendo en conta que estamos ante unha versión LTS, con soporte extendido de 5 anos, Ubuntu arrisca con bastantes novidades interesantes que ben seguro serán do agrado da maioria dos Ubunteiros.

blackeubuntulogoNeste caso atopámonos con bastantes actualizacións, onde a mais salientable para min é a chegada do sistema de paquetería SNAP, do que vos falei hai uns días, e que permitirá instalar paquetes dun xeito mais sinxelo e cómodo sen ter que preocuparse de dependencias.

A inclusión do Kernel 4.4, Xorg 1.18 e MESA 11.2 permitiran importantes melloras gráficas para os drivers libres, moi especialmente no caso das gráficas AMD que poderán soportar aplicacións deseñadas para OpenGL 4.1. Sobre o tema das gráficas AMD decir que Cannonical quitou dos seus repositorios o driver privativo, xa que se considera (polo que dixen antes) que o libre xa é o suficientemente maduro e funcional.

Un cambio de base tamén importante, e que chega con polémica é a inclusión do sistema de arquivos ZFS. Este sistema de arquivos de 128bits permite tamaños imposibles tanto de ficheiros como de capacidade, integridade de datos comprobable, pode autoarranxarse si detecta corrupción, ten compresión de datos altamente eficiente… Todo isto representa unha mellora substancial en ambientes de servidores, ou onde a  xestión e seguridade de arquivos é importante. En canto a polémica que antes mencionaba, basicamente é que a licencia é incompatible coa que ten o Kernel; e polo tanto non se poden fusionar; pero Cannonical defendese dicindo que está integrada en Ubuntu como un módulo que se pode instalar por separado.

En canto os cambios estéticos dicir que hai bastantes nesta ocasión, empezando como é de costume por unha colección de novos fondos de pantalla. Tamén a posibilidade mediante consola de cambiar a posición da barra lateral a o fondo da pantalla (penso que debería estar integrado nas preferencias de Apariencia).  Hai abundantes redeseños nas xanelas e a actualización a Unity 7.4, que cada vez se comporta mellor. Tamén se modifica o scrollbar, podense arrastrar iconos dende o Dash cara o escritorio para crear accesos directos, e mostrase o nivel de volume no microfono no applet de son.

Hai por suposto unha boa lista de aplicacións actualizadas, entre as que destacan Firefox 45, Thunderbird 38, Libreoffice 5.1… Tamén hai varias ausencias, xa que se eliminan Brasero, Empathy e unha que está dando moito que falar, o Ubuntu Software Center, que pasa a estar sustituido por Gnome Software Center (ainda que o nome mantense o primeiro). Outra aplicación que se inclúe é o Calendario.

Tamén cabe destacar a desactivación por defecto da inclusión dos resultados en liña nas procuras do Dash, o cal é de agradecer; e a remodelación da pantalla de carga do sistema operativo (Plymouth).

Como vedes, a cantidade de novidades nesta ocasión e considerable e denota un esforzo por parte de Cannonical no escritorio, que nos últimos tempos estaba un tanto abandonado en detrimento do desenrolo para terminais telefónicos. A famosa converxencia tamén ten que ver moito con isto xa que se supón que  en 16.10 xa debería ser total coa chegada de Unity 8 entre outras cousas.

Compre decir que coma sempre tamén está dispoñible en multitude de “sabores” (Kubuntu, Xubuntu, Gnome, Lubuntu, Mate, Studio, Kylin e Mythbuntu) , dispoñibles nas suas respectivas webs; e para sete arquitecturas de sistema diferentes (i386, amd64, arm64, powerpc, armhf,  ppc64el e s390x).

Xa sabedes, a actualizar toca. Eu persoalmente levo con 16.04 dende hai un mes e non tiven nin o mais mínimo problema; pero por precaución é recomendable coma sempre facer unha copia de seguridade das cousas importantes.

Se queredes actualizar sen reinstalar probablemente vos saia un mensaxe o buscar actualizacións para pasar a nova release. Se queredes facelo dende cero, a páxina cas imaxes de instalación é a seguinte:

http://releases.ubuntu.com/xenial/

Saudos!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

6 reflexións sobre “Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible”

  1. Xusto neste momento estou instalando Ubuntu 16.04 nunha maquiniña de VirtualBox, a ver que tal.

    Polo pronto, o instalador non ten os problemas da beta co método de entrada do teclado.

    Segundo puiden ver na beta, o novo centro de software comezou a atopar paquetes que ata o de agora non atopaba, coma o Synaptic, pero segue sen atopar os paquetes “técnicos”, coma pode ser ubuntu-restricted-extras (falo da beta) e moitos outros, polo que Synaptic sería unha ferramenta necesaria.

    Moito non hei tardar en rematar esta instalación. Xa che conto.

    Iremos vendo.

      1. Vaise confirmando que o Ubuntu Software non está como para se fiar un del. Nalgún sitio lin que alguén tivera problemas instalando paquetes deb de terceiros, así que probei con Google Chrome.

        Efectivamente, problemas hai, non consigo que Ubuntu Software o instale, inicalmente nada se ve gráficamente, se lle das as instalar unha segunda vez, sae o incono de progreso no lanzador, pero aí queda. non chega a pedir nin o contrasinal.

        Sen embargo, o velliño gdebi instálao sen maior problema. Ao arrancalo, parece que o Chrome non se leva alá moi ben cos drivers gráficos de VirtualBox, de feito non se ve nada, perro instalado está.

        O sistema ten pinta de ir moi ben, pero non parece que Ubuntu Software estea en condicións de aparecer nunha versión estable. Parece algo feito apresuradamente e con pouco xeito.

        Saúde.

  2. Eu tamén estaba coa beta, pero quería probar a instalación da definitiva e, xa na instalación, a cousa cambia.

    Non obstante, acabo de ver o primeiro comportamento raro.
    Como é unha máquina virtual sen maior importancia, díxenlle ao sistema que arrancara automáticamente, sen pedir o contrasinal. Os primeiros reinicios, todo normal, pero despois de instalar as guest additions de virtualbox, o sistema pide contrasinal para iniciar sesión, aínda que está marcada a opción de arrancar automáticamente a sesión.

    A ver como evoluciona o tema.

  3. “A inclusión do Kernel 4.4, Xorg 1.18 e MESA 11.2 permitiran importantes melloras gráficas para os drivers libres, moi especialmente no caso das gráficas AMD que poderán soportar aplicacións deseñadas para OpenGL 4.1.”

    Y eso tambien para los juegos 3D ? de steam por ejemplo ??
    Creo no…No ??

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *