Veño de ler en Mancomun unha boa nova, boisima. A Consellería de Innovación e Industria presentará mañá, 11 de Decembro o sistema operativo en galego desenvolvido polo Centro de Referencia e servicios de Software Libre e a comunidade galega de software libre. O acto será no Hotel Porta do Camiño (R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela) e o aforo é limitado, polo que si queredes asistir tendes que reservar sitio na seguinte dirección de correo antes das 14:00 do dia de hoxe: [email protected] Mais info no enlace que vos puxen de mancomun.
Por certo, estou a descargar unha live cd para ver que tal esta. Se vos apetece probala pinchade aquí para ir a web do proxecto. Decir que está baseada en Slax (Slackware) e está pensada para ser usada nos centros de ensino galego.
Por último decir que van a ter que pagarme dereitos de autor polo nome da distro, xa que apunteino no seguinte post do mes de Agosto do ano pasado (jajajaja, é broma, en realidad estou moi contento por esto)
Actualizado: Acabo de probar a versión LiveCD co VirtualBox e a verdade é que non está mal. As aplicacións que utiliza son moi sinxelas e consumen poucos recursos, a pena e que usa KDE (para gustos, eu prefiro GNOME)
Actualizado 2º: A versión que vos comentei antes non sei de donde saiu, pero a que está agora na páxina oficial está baseada en Ubuntu 8.04 (Hardy) ?¿?¿?¿?¿? e teño que probala aver que tal esta vez. Continuo…. Bueno, que basicamente é unha Hardy completamente traducida o galego, sin ningunha diferencia reseñable a parte de que o cliente de correo é Thunderbird en troques de evolution, e ata os repositorios son os de Ubuntu mais un de Mancomun
[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=tnoBLRHmTg8[/youtube]