Arquivo da categoría: Hardware

¡¡Toma Genoma!!

É incrible como está cambiando toda a escena de Linux gracias a Steam. Vale, xa sei que Steam é unha aplicación privativa, que fornece un servicio donde se ofrecen e venden xogos privativos e con DRM, pero está claro que a xente de Valve está a cambiar as reglas e dandolle un impulso importantisimo o noso sistema.

Dende que o tío Gabe decidiu apostar por linux sacando o cliente de Steam e logo anunciando SteamOS, o sistema operativo que correrá baixo as Steam Machines; non recibimos mais que boas noticias, sobre todo os mais gamers, entre os que por suposto me incluo.

GabeNewell
Como non imos a confiar en Gabe con esta cara de bo que ten….

Seguir lendo ¡¡Toma Genoma!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Drivers Gráficos Libres, “ou lleaaa”

De todos é sabido que unha das asignaturas pendentes de linux é o rendemento gráfico, sobre todo no tema das 3D. O soporte, polo menos ata o de agora nunca foi moi bo e si queríamos disfrutar dunha experiencia gráfica aceptable, non tiñamos en moitos casos mais remedio que instalar os drivers privativos, co que eso conleva, xa non so a nivel ético ou filosófico, senon ca cantidade de erros que estos soen presentar, sobre todo no caso das tarxetas AMD/ATI.

Gracias a deus, ou mais ben o xenial traballo de certos programadores, cunha paciencia sublime, loitando horas e horas con inxeñería inversa para descubrir como funcionan as tarxetas gráficas; e mais recentemente cunha lixeira apertura por parte dos fabricantes; estes drivers libres cada vez son mellores, dando un rendemento aceptable, e pouco a pouco aproximandose a calidade dos privativos.

Tamén cabe destacar as melloras no apartado gráfico no Kernel e mais nas librerias gráficas Mesa 3D. Por defecto, en Ubuntu e derivados podemos desfrutar do uso de drivers gráficos libres para NVIDIA (nouveau), AMD/ATI (radeon) e INTEL, pero si o que queremos é estar a última nestes avances vouvos ensinar como. Simplemente debedes abrir unha Terminal e escribir os seguintes comandos:

sudo add-apt-repository ppa:oibaf/graphics-drivers
sudo apt-get update
sudo apt-get dist-upgrade

Logo so tendes que reinciar o sistema para que cargue de novo estos drivers e en principio deberíades notar unha importante mellora, sobre todo no que se refire nas aplicacións gráficas, sobre todo xogos.

Por por un exemplo notei un incremento dun 30% mais ou menos, do framerate en OpenArena cunha ATI Radeon 9200 do ano da pera. Se queredes facer a proba con este xogo abride a sua consola pulsando Shift + Esc e escribide “/cg_drawFPS 1“, e pechade a consola ca mesma combinación de teclas.

Si queredes ver información da tarxeta gráfica, controladores, OpenGL, Mesa… para comprobar antes e despois que a versión do controlador cambia (por exemplo) escribide este comando na terminal:

glxinfo | grep OpenGL

graficas

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Ubuntu por todas partes, agora tamén en Tablets

Pois acabo de ler en WebUpd8.org que tamén haberá Ubuntu para tabletas, e o 21 de Febreiro mesmo porán a disposición do público unha primeira versión para Nexus 7. Disporá de multitude de similitudes compartidas ca versión que está en desenrolo para Móviles, múltiples sesións protexidas por contrasinal, aproveitamento dos bordes, compatibilidade cas aplicacións que existen para sobremesa (compartirá código, non haberá fragmentación)….

O mellor é que vexades o video que presenta Mark Shuttleworth (atención o peacho de cinturón, jorrr) para que vos quede mais claro como será. A verdade é que ten un aspecto moi bo.

[youtube]http://youtu.be/h384z7Ph0gU[/youtube]

O único pero que lle vexo polo de agora é o tema das aplicacións (en principio pode correr as que ten Ubuntu, pero estaría ben que fora como Android), pero supoño que si o proxecto ten éxito viran soas.

Haberá que seguir de preto esta nova singladura por parte de Cannonical.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Actualización de Syspeek

Fai algún tempo falábavos dunha pequena aplicación que nos permitía monitorizar a carga do sistema dunha forma moi minimalista e efectiva. Este applet chamase Syspeek. Se mal non recordo funcionaba en  Ubuntu 11.04, pero non se actualizou as seguintes versións.

Agora podese volver a instalar dende un novo repositorio. Para elo simplemente tendes que copiar e pegar esta liña de comandos nunha terminal:

sudo add-apt-repository ppa:emptythevoid/syspeeknew && sudo apt-get update && sudo apt-get install syspeek

Saudos

Nota: Vale tamén para Linux Mint

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Instalando os últimos drivers Privativos de Nvidia (R310)

Hola de novo… fai tempo, ehhh. Como seguramente saberedes dende a miña última entrada no blogue pasaron moitas cousas, entre elas a saida dunha nova versión de Ubuntu; pero como eso repitese e repitese constantemente en todos os Blogues pois paso de postealo.

O que si me parece importante e útil e instalar a última versión do driver privativo de Nvidia. Non sexamos  fanáticos, o driver Nouveau vai ben para entornos non moi esixentes, pero si queremos algo mais precisamos potencia, e esa potencia polo de agora só no la da o driver privativo.

O caso é que en moitas ocasións o instalar o driver correspondente a través do Centro de Software (non sei por que agora non se informa da posibilidade de instalalo co Jockey-gtk), Unity deixaba de funcionar ou había diferentes problemas gráficos que obrigaban a volver a Nouveau.

Parece que Nvidia deulle solución a e este e outros problemas ca última versión dos seus drivers para linux; e ademais, entre outras cousas mellora o rendemento considerablemente. O parecer contaron ca inestimable axuda da xente de Valve para que todo estivera listo para o desembarco de Steam en Linux.

O que iamos, se queres instalar a última versión simplemente sigue os seguintes pasos:

-Engade e actualiza os repositorios:

sudo add-apt-repository ppa:xorg-edgers/ppa
sudo apt-get update

-No caso de que teñas instalado a versión anterior do driver privativo, desinstala primeiro:

sudo apt-get remove nvidia-current

-Instala as cabeceiras e a última versión do driver:

sudo apt-get install linux-headers-generic & sudo apt-get install nvidia-current nvidia-settings

Despois de todo o proceso recomendoche reinicies o teu equipo.

Nota: que eu saiba estos pasos son válidos para Ubuntu 12.10 / 12.04 e Linux Mint 13, ainda que probablemente para derivados tamén funcione.

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-