Arquivo da categoría: Hardware

Pon en Rede o escaner da tua Multifunción

Este truco está moi ben para usar na casa ou nunha pequena oficina. Permitiranos ter o escaner da multifunción en rede cos equipos da nosa rede que queiramos. Para conseguir isto temos que abrir unha consola e seguir os seguintes pasos:

Instalamos algúns paquetes primeiro:

sudo apt-get install xinetd sane xsane libsane sane-utils

Logo editamos o seguinte archivo:

sudo gedit /etc/xinetd.d/saned

engadimos o seguinte texto

{
socket_type = stream
server = /usr/sbin/saned
protocol = tcp
user = root
group = root
wait = no
disable = no
}

Agora editaremos o seguinte archivo:

sudo gedit /etc/sane.d/saned.conf

e logo engadiremos as IP’s dos equipos que queiramos usar co escaner:

192.168.0.1/24

Por último editamos:

sudo gedit /etc/default/saned

e trocamos ‘RUN=no’ por ‘RUN=yes’. Reiniciamos o servizo:

sudo /etc/init.d/xinetd restart
sudo service saned restart

Agradezo a información a USEMOS LINUX (case que é un copy/paste)

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-