Arquivo da categoría: Linux

Análise: Mad Max

“”La gasofa dónde está
dónde está la gasolina
si tuvieras combustible
cuantas millas andarías.
comes latas para perros
que, ñam! ñam!, están muy buenas
esta noche hay masacre
y mañana adiós muy buenas

Y mírate Max, estás hecho una pena Max,
estás hecho una pena””

Recordando vellos e mellores tempos, penso que esta canción de Siniestro Total  vaille o pelo para dar entrada o seguinte artículo:

Pouco mais dun ano despois da sua saida en Windows e consolas chéganos aos nosos libres escritorios un título AAA con todas as da lei.  Mad Max está desenrolado polos estudios Avalanche (Saga Just Cause, Renegade Ops) e trátase dun sandbox (nunca mellor dito o de caixa de area, pois hai bastante) . O port a Linux/SteamOS e Mac está realizado, como soe ser habitual ultimamente con títulos deste calibre, por Feral Interactive (F1 2015, Shadow of Mordor, Deus Ex: Mankind Divided, Tomb Raider…)

Seguir lendo Análise: Mad Max

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Hoxe hai 25 anos…

“Ola a todos os que están usando Minix. Estou a facer un sistema (libre) operativo (é so un hobby, non será algo grande nin profesional como GNU) para clons AT 386 (e 486). Isto estivo fabricándose dende abril e xa comeza a estar listo. Gustaríame calquera comentario sobre cousas que lles gustan ou desgustan de Minix, xa que o meu sistema operativo paréceselle un pouco (ten as mesmas disposicións físicas do sistema de arquivos (debido a razóns prácticas) entre outras cousas).

Actualmente portei bash (1.08) y gcc (1.40), e as cousas semellan funcionar. Isto implica que terei algo práctico nalgúns meses, e gustaríame saber que características quererían a maioría de la xente. Calquera suxestión é benvida aínda que  no prometo implementala 🙂 .

Linus Benedict Torvalds ([email protected])

Ps: Si, é libre de calquera código de Minix, e ten un sistema de arquivos multi-fío. No é portable (usa as conmutacíóns de tarefas 386, etc) e probablemente nunca soportará outro disco que non sexa AT xa que é o que teño 🙁 .”

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-