A semana pasada recibíamos un correo electrónico por parte do departamento de prensa de Feral Interactive, é nada más comezar a lelo xa se nos fixeron os ollos “chiribitas”. A coñecida compañía británica de ports remataba de liberar unha ferramenta que permite optimizar o uso do noso equipo para a execución de xogos. Procurando un pouco mais de información sobre dita ferramenta que a facilitada por Feral, atopamos unha pequena entrevista realizada por GamingOnLinux os seus desenroladores, e nela puidemos botar un pouco mais de luz sobre ela.
Un dos últimos artigos que escribín falaba de WOEUSB, que nos permitía escribir imaxes iso de instaladores de Windows dende Linux. Tamén noutra ocasión falamos de UbunSys, un pequeno frontend que nos deixaba “tocar” unha morea de detalles no noso sistema Ubuntu. Como vedes, o tamaño dos programas non ten nada que ver coa sua utilidade, e moitas veces estas pequenas aplicación pódennos salvar a vida en situacións complexas, ou facilitarnos o día a día.
Nesta ocasión quería falar de MkUSB, unha pequena ferramenta que nos permitirá xestionar as nosas unidades USB e tarxetas de memoria. Con ela poderemos escribir imaxes ISO e IMG (con diferentes opcións, incluso con ISOs de Windows) en unidades extraíbles, inicializar e restaurar as unidades, ou borrar todo o seu contido de forma rápida ou bit a bit. Para realizar estas operacións utilizará o poder do comando dd, facendo de esta aplicación unha alternativa potente, rápida e segura.
Faía xa bastante tempo que non falaba de novas releases de Ubuntu. A verdade é que ese tipo de información replicase ata o infinito nos blogs de GNU/Linux cada vez que sacan unha nova versión, polo que repetir no meu espazo practicamente o mesmo que no resto dos sitios parecíame un sensentido.
O caso é que nesta ocasión vou facer unha excepción, xa que dende fai moito tempo non había un lanzamento con tantas novidades. Ademais o nome en clave reiniciouse e comezan dende o principio co abecedario (Artful Aardvark). Casualidade ou non tamén se reinician multitude de cousas na distro mais popular para gusto ou desgusto de moitos.
Seguramente moitos de nos precisamos en mais dunha ocasión crear un USB autorrancable cunha imaxe de Windows. Este tipo de acción pódese facer de múltiples formas en Linux, pero de forma sinxela e gráfica que eu saiba so se podía facer con versións antigas de UNetBootin e WinUSB.
Falando do primeiro (UNetBootin) agora mesmo so é válido para gravar distribucións de Linux. Sobre WinUSB, dito proxecto hai tempo que está discontinuado, aínda que se pode dicir que é o pai de WoeUSB, xa que este último é un fork do anterior.
Ola de novo. En primeiro lugar gustaríame disculparme por non escribir artigos. Como xa dixen noutras ocasións este é un Blogue persoal, e como tal actualizoo cando teño algo que realmente me chama a atención e penso que me pode ser útil tanto a min como o resto dos poucos lectores que seguro que teño. Este blogue usoo coma unha especie de apuntes onde vou acumulando cousas que me son utis para o traballo ou o día a día.
Neste caso vouvos falar dunha pequena-gran aplicación que nos vai a axudar a facer un montón de cousas nos nosos sistemas con base Ubuntu. Trátase de Ubunsys, e xa veredes como vos fai a vida moito mais fácil. Entre as cousas que podemos facer con ela temos: