Arquivo da categoría: GNU/Linux

Activar HTML5 en Chromium

Seguramente lestes en mais dun sitio as bondades de ver videos en HTML5, e duas das mais significativas son que tratase dun desenrolo libre, o contrario que Flash de Adobe; e que demanda un menor uso da CPU a hora de reproducir.

En primeiro lugar debedes ter o navegador Chromium instalado, cousa que vos recomendo encarecidamente. Dende que o instalei nos meus equipos xa non existe Firefox. En Lucid atopase nos repositorios oficiales polo que so tendes que teclear nunha terminal:

sudo apt-get install chromium-browser

Para instalar os codecs necesarios para a reproducción de contidos en HTML5 escribiredes o seguinte:

sudo apt-get install chromium-codecs-ffmpeg-extra

Agora xa temos instalado Chromium e os codecs. Executamos o programa e si queremos facer unha proba entramos na páxina especial de Youtube para activar os videos nese formato:

http://www.youtube.com/html5

É abaixo de todo tendes un enlace para activar a versión Beta de HTML5.  Probades a buscar calquer video e a ver que tal se comporta (provade varias veces, por que non todos os videos están en HTML5). Se non estades conformes co resultado e preferides seguir usando Flash ides o enlace anterior e desactivades HTML5.

Un exemplo de video en HTML5: Trailer non oficial de Crysis 2

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-