Igual que a última beta de Firefox 4 e Internet Explorer 9, a versión 7 de Chromium soportará aceleración GPU nos procesos nos que se poida aproveitar esta caracteristica, tales como a reproducción de video, 3D, Canvas 2D, WebGL etc. Segundo comenta Google promete que cada vez pasará mais e mais procesos dende a CPU a GPU, puidendo mandar operacións de renderizado a GPU a través de OpenGL ou Direct3D (no caso de Windows), co que o procesador verase liberado e aproveitaranse as capacidades multimedia das tarxetas gráficas para o uso de contidos na web.
No caso de que queirades probar estas caracteristicas en Ubuntu soamentes tendes que seguir os seguintes pasos:
-Agrega os repositorios de Desenrrolo de Chromium:
sudo add-apt-repository ppa:chromium-daily/ppa
-Actualiza os repositorios:
sudo apt-get update
-Instala o navegador
sudo apt-get install chromium-browser
Para executar o navegador coa aceleración GPU experimental tendes que teclear o seguinte:
chromium-browser –enable-accelerated-compositing (coidado, leva dous guións antes diante do enable)
Unha vez dentro do navegador podedes ver o administrador de procesos de Chromium con Maiusculas + ESC e alí veredes o proceso da GPU (GPU Process)
Se vos apetece probar o rendemento podedes pasarvos pola seguite páxina (si, que pasa, é de Microsoft): Flying Images