Arquivo da categoría: Windows

Virtualbox á última en Ubuntu e derivados

Se levades un tempo nesto coñeceredes as virtudes de este programa multiplataforma, que a pesar de ser de Oracle, resulta super útil para traballar e probar sistemas operativos sin sair do que estemos usando; o que todo o mundo coñece como virtualización.

En Ubuntu e derivados podedes instalar a última versión do programa directamente cun paquete .deb descargandoo dende a páxina oficial. Pero si o que queredes é estar a última, o mellor, coma sempre, é ter engadido o repositorio oficial. A forma mais sinxela de instalalo e a seguinte:

Primeiro abrimos unha terminal e engadimos o repositorio:

sudo sh -c ‘echo “deb http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian $(lsb_release -sc) contrib” >> /etc/apt/sources.list.d/virtualbox.list’

Logo temos que descargar e rexistrar a chave pública:

wget -q http://download.virtualbox.org/virtualbox/debian/oracle_vbox.asc -O- | sudo apt-key add –

Por último, coma sempre, actualizamos repositorios e instalamos:

sudo apt-get update && sudo apt-get install virtualbox-4.3

Coma sempre é recomendable instalar o Pack de Extensión para ter funcionalidades extra. Podedes descargalo premendo aquí

 

virtualbox

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-