Recentemente cambiei a miña tarxeta gráfica (Nvidia GTX 650) por unha Gigabyte GTX 950-2GB OC Edition. Esta gráfica cumpría as miñas expectativas en canto a prezo, xa que o meu equipo xa ten uns cantos aniños e penso eu que non paga a pena gastar mais de 150€ neste compoñente. Tamén estiven a mirar a GTX960, pero xa escapaba no prezo, pasando a custar de 200€ para arriba, polo que non tiven mais remedio que descartala….
No meu caso as opcións reducíanse, xa que o ser usuario de GNU/Linux, as solucións que presenta AMD o respecto no noso sistema son bastante inferiores en rendemento por desgraza, sendo isto principalmente por culpa dos deficientes drivers que tanto AMD como a comunidade presentan. Isto está a cambiar pouco a pouco, e estanse a producir importantes progresos, pero inda así o soporte que ten NVIDIA en GNU/Linux é moi superior, se falamos de drivers privativos.
Supoño que xa non adoitas a queimar CD’s e DVD’s con imaxes de LiveCD’s. Dende hai xa moito tempo hai a posibilidade de usar USB’s para tal tarefa. Ademais e moito mais rápido e económico xa que podemos repetir esta operación as veces que queiramos.
Para elo existen multitude de ferramentas entre as que destacan a que ven por exemplo con Ubuntu, que simplemente non está a altura, e polo xeral a min sóeme dar problemas; e a veterana Unetbootin que sempre me foi de perlas.
Pero hai uns días apareceu unha nova aplicación que acaparou a miña atención, polo simple e ben deseñada que está. Chámase Etcher e funciona as mil maravillas. Ademais é multiplataforma xa que a parte de Linux, tamén está dispoñible para Mac e Windows.Seguir lendo Escribe imaxes de disco en USB con Etcher→
Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.