Arquivo da categoría: Xeral

TVenLinux.sh, TDT a través de internet

Acabo de flipar o leer esta noticia en MuyLinux. O parecer, un programador español, chamado Busindre, acaba de facer un script que permite ver os canais da TDT a través de internet, e cun retraso mínimo duns 10 segundos e unha calidade moi aceptable (nada que ver con outros experimentos que vin anteriormente).

A web do proxecto e esta: TVenLinux, e nela podedes atopar toda a información sobre a instalación, consellos, teclas , etc.

Basicamente resumese na instalación de algunhas dependencias e a execución dun script.

Primeiro tendes que instalar mplayer rtmpdump e curl. Se o ides facer en Ubuntu e derivados so tendes que teclear o seguinte nunha terminal:

sudo apt-get install mplayer rtmpdump curl

Logo tendes que descargar o script e darlle permisos de execución. Tan sinxelo como darlle as propiedades  do script e na pestana de Permisos marcar a casiña de Executar. Senon sempre podedes facelo dende unha terminal:

chmod u+x TVenLinux.sh

Logo simplemente tendes que executar o script  ( ./TVenLinux.sh ) e sairavos unha ventá onde podedes escoller o canle que queredes ver.

Xa non fai falta levantarse da silla do ordenador para seguir un programa …

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Actualizado o Blog a WordPress 3.4

Hai un par de dias saiu unha nova versión de WordPress (3.4 Green) que realmente incorpora novidades moi salientables, sobre todo para o que é a personalización que é agora moito mais fácil.

Podemos cambiar sinxelamente aspectos tales como o título, descripción, cabeceira, colores, fondo da páxina, etc, previsualizando en tempo real como quedarían estes cambios; sendo todo moito mais intuitivo e directo.

Outras novidades son as melloras no panel de administración, a inclusión dunha ligazón permanente a Twitter no editor de posts, as lendas das imaxes poden incluir código HTML (podemos por ligazóns). Tamén hai multitude de correccións e optimización que proporcionan un mellor rendemento.

Si o teu blogue está feito en WordPress recomendoche que actualices o antes posible para disfrutar destas melloras. Eu xa o fixen.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

¡Rompe Ralph!, algo dime que vai ser unha gran peli

Pois agora mesmo rematei de ver o trailer do que parece que será unha peli xenial sobre persoaxes de videoxogos e xa estoy desexando vela. Polo que se ve ainda vai haber que esperar bastante por que ata finais de novembro parece que non se estrenará no estado Español.

Decir que está producida pola factoría Disney e o argumento polo que se ve no trailer (abaixo) será sobre un persoaxe dun videoxogo dos 80 que farto de ser sempre o malo da película; decide abandoar a reclusión da maquina recreativa e buscar novas experiencias noutros xogos. Polo que se ve a cinta estará cargada de “estrelas invitadas” coma Bowser, o doutor Robotnik, Zangief, etc

Parece que nada vai evitar que vaia a ver esta película, que penso que vou disfrutar coma un neno coa mellor das compañías. Aquí vos deixo o trailer en Castelán da película

[youtube width=”800″ height=”356″]http://www.youtube.com/watch?v=zzsi_Uj-yC4&feature=share[/youtube]

Tamén podedes disfrutar do videoxogo que sai no trailer aquí

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-