Como instalar OBS en Ubuntu (e derivados)

Se precisades transmitir en vivo o que ocurre no voso PC ou grabalo, OBS (Open Broadcaster Software) é unha magnífica ferramenta co que facelo. Con ela poderedes gardar ou streamear as vosas partidas en servicios coma Twitch, tutoriais a Youtube, conversacións de webcam, etc.

Decir que se trata dunha ferramenta multiplataforma con versións compiladas para Linux (Arch, OpenSuse, Gentoo, Ubuntu), Windows e OSX. É moi versátil e permite moitas ocpións, coma  coller a video e audio de varias fontes por separado, por exemplo, a vertana dun xogo e a captura da webcam, e colocala como queiramos en diferentes zonas da pantalla a retransmitir/grabar, incluir textos, un video xa grabado, etc. Tamén ten opcións para axustar como queiramos a saida (resolución, Kbits, codecs, etc)

Neste caso vouvos decir como se instala en Ubuntu. Para elo coma sempre, abride un Terminal e ponde estes comandos:

sudo add-apt-repository ppa:kirillshkrogalev/ffmpeg-next (para Ubuntu 14.04 e 14.10 so)
sudo add-apt-repository ppa:obsproject/obs-studio
sudo apt-get update
sudo apt-get install ffmpeg obs-studio

Agora a retransmitir a vosas partidas!!!!

OBS

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

4 reflexións sobre “Como instalar OBS en Ubuntu (e derivados)”

  1. Ola Leo.

    Hai tempo que non pasaba por aquí.

    Eu moi aficionado a gravar partidas non che son, gústame xogar, iso si, pero non teño costume deixar constyancia en vídeo. Agora ben, por se me dera por aí, a pergunta é como anda OBS de consumo de recursos e ata que pundo pode afectar ao rendemento gráfico dos xogos.

    Imaxino que a influencia no rendemento do xogo dependerá moito do hardware de cada quen, obviamente, pero si que hai diferencia entre programas capaces de capturar en video a pantalla.

    Saúde.

  2. Ese micro é o mesmo que teño eu, con 8GB de RAM e cunha nVidia GTX 760 de 2GB.

    Obviamente, recursos sempre consumirá, pero claro, non pode ser o mesmo gravar unha partida cunha capturadora que che papa un 20% de gráfica e micro que facelo con outra que pape un 5%!

    Saúde!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *