Como por un acceso directo no Escritorio de Ubuntu

Nun primeiro lugar gustaríame agradecer a “El Blog de Liher” toda a información sobre este tema. Realmente este post está case que completamente baseado no citado.

En primeiro lugar gostaríame porvos en situación, xa que seguramente todos os que usades Unity pasoubos o mesmo en mais dunha ocasión. O tema é que dende que Ubuntu usa este escritorio por defecto non podemos crear Accesos Directos no escritorio. Antes chegaba con clicar co botón dereito do rato no Escritorio para ter a opción de crear un acceso directo, e mostrabasenos un dialogo que nos permitía apuntar o executable e escoller unha icona.

Agora mesmo non podemos facer eso, como moito crear unha ligazón e logo movela o escritorio, pero todos sabemos que non é o mesmo. A verdade é que non entendo, nin eu nin ninguén, porque eliminaron esta opción tan útil, pero supoño que quererían centrar todo no Dash e na barra lateral e deixar o escritorio para outras cousas, pero, o meu humilde xuizo, pareceme un erro. Por por un exemplo, hai aplicacións que veñen empaquetadas nunha simple carpeta, e se non queres deixar esta no escritorio tes que ir ata donde a teñas e logo buscar o executable.

O primeiriño que temos que facer é instalar Gnome-Panel, que é un entorno de escritorio clásico que incluso podemos arrincar no logín é que basicamente é o Gnome de toda a vida. Xa, xa sei que fastidia ter que instalar un entorno de escritorio para so crear un acceso directo, pero é o que hai… Bueno, pois abrimos unha terminal coma sempre e escribimos:

sudo apt-get install gnome-panel

Unha vez instalado o “gnome-panel” si queremos abrir o dialogo de crear o acceso directo facemos Alt-F2 e tecleamos o seguinte comando:

gnome-desktop-item-edit ~/Escritorio –create-new

AccesoDirectoUbuntu

Como vedes por fin temos diante do nariz tan apreciada fiestra onde podemos crear tan apreciado elemento. Agora so temos que encher os campos (Nome, executable, icona, descripción…), e unha vez feito isto xa temos o noso flamante acceso directo no Escritorio.

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “Como por un acceso directo no Escritorio de Ubuntu”

  1. E digo máis. Cando se trata de aplicacións que se inclúen no menú sen complicacións, basta con arancar unha sesión con Gnome Flashback (preferiblemente con Metacity, porque con Compiz vai daquela maneira), buscar o aplicativo no menú e arrastralo ao escritorio.

    Cando volvas á sesión con Unity alí estará agardando a que fagas dobre clic.

    1. Vaia, pois boa observación. Punto para o Sr. Paquito. Eu antes matabame todo a editar a man outros accesos directos coma por exemplo os que che crea o Steam, pero desta forma é bastante mais fácil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *