Consulta o tempo no teu escritorio con “Meteo”

Ola de novo. Como vedes non ando moi activo por estes lares ultimamente, pero a vida é a que é, e como supoño que lle pasa a case todo o mundo o tempo escasea, do mesmo xeito que as gañas e os temas sobre os que escribir. Penso que xa vos comentara en outras ocasións que este Blog non ten a intención de ofrecer unha información cumprida sobre a actualidade do software libre, senón mais ben é coma un caderno onde deixo anotadas cousas que me parecen utis ou interesantes para o meu día a día.

Nesta ocasión chamoume moito a atención unha aplicación que realmente non ten nada especial nin orixinal, pero que paréceme que ten todo o que eu preciso e o presenta do xeito que a min me gusta. Esta aplicación chámase “Meteo” e como adiviñaredes sen moita dificultade, serve para consultar o tempo e as previsións.

Este software divídese en dúas seccións ben diferenciadas. A primeira, Datos, mostra a información meteorolóxica relativa a posición xeográfica na que esteamos (por defecto) e tamén unha previsión para os próximos días. Na segunda, Mapas, poderemos ver en pestanas seccións de Temperatura, Nubes, precipitacións, presión e velocidade do vento.

Tamén poderemos integrala no noso escritorio grazas a capacidade do programa de colocar unha icona na barra de ferramentas, así coma de poder programar que se inicie automaticamente o comezar a sesión.

Meteo usa a API “OpenWeatherMap” e está desenvolvido polo español Carlos Suárez (bitseater). A páxina do proxecto está aloxada en Gitlab, e para usala en Ubuntu tan so teremos que engadir o seu repositorio e instalala seguindo estes comandos nunha terminal:

sudo add-apt-repository ppa:bitseater/ppa
sudo apt update
sudo apt install com.gitlab.bitseater.meteo

Saudos a todos!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *