Converte vídeos facilmente con MystiQ

¿Sorprendido? Ola de novo se aínda pasas por aquí. Como xa comentei en múltiples ocasións, este blog non é mais que un Bloc de Notas onde de vez en cando paso a deixar un apunte que me parece interesante e non quero esquecer. Se de paso lle ven ben a alguén, pois mellor aínda, ¿nisto consiste o software libre, no?

O caso é que dando unha voltiña por DesdeLinux, por certo, un blog en castelán recomendadísimo, atopei este programa que me pareceu moi interesante. Trátase de MystiQ, e con imos poder converter moi facilmente arquivos de vídeo a diferentes formatos e con multitude de opcións interesantes, a través dunha interface sinxela e amigable.

MystiQ, como moitas aplicacións de este tipo “non é mais” que unha GUI de FFMPEG feita en Qt5, pero o seu deseño permite un xeito de traballar intuitivo e rápido, que incluso ten preaxustes para facilitar as cousas. Pero que isto non vos leve a engano, pois si queremos tamén podemos “complicar” as cousas personalizando os axustes das conversións cunha cantidade asombrosa de formatos tanto de vídeo coma de Audio. Para elo utiliza unha especie de asistente que con moi poucos pasos permitiranos axustar os nosas necesidades os nosos vídeos, e logo convertelos en lote si queremos.

Como vos dicía podedes usar os múltiples preaxustes de configuración existentes, pero podedes afinar mais con montóns de opcións, xa non so de bitrate e codec, senón que podemos recortar as partes que non queremos no “timing”, recortar os bordes (crop), xirar o vídeo, engadir subtítulos, desentrelazar, escalar….

Este software libre é ademais multiplataforma e podedes instalalo tanto no noso querido GNU-Linux, coma en Windows, quedando MacOS para futuras versións. Polo de agora tan so está dispoñible en paquetería tipo DEB para Debian, KDE Neon e Ubuntu. Se usadas outras distribucións, quizais teñades que compilar o código.

¡Ata a próxima!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “Converte vídeos facilmente con MystiQ”

  1. Ola de novo!

    Levaba tempo sen pasar por aquí e hoxe vexo unha entrada nova!

    Pensaba que estabas a tempo completo en jugandoenlinux!

    En relación ao contido da entrada, direiche que eu uso Handbrake, que me parece un software fantástico. MystiQ non o coñecía, per haberá que botarlle un ollo.

    Saúdos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *