Corrección de erros programada e defragmentación en Linux

Aínda que parece mentira, e probablemente escoitastes moitas veces o contrario, os sistemas de arquivos de Linux tamén se corrompen e fragmentan. Obviamente non é tan frecuente como pode pasar noutros sistemas operativos (por iso existe o mito), pero é posible. O uso intensivo dos nosos discos duros, os malos apagados, as instalacións constantes producen erros que é preciso comprobar e arranxar de vez en cando.

Para elo existen por suposto programas que nos poden axudar a corrixir estes contratempos, e agora vouvos falar deles. Comezaremos con “e2fsprogs“, que basicamente é un conxunto de ferramentas que nos permite escanear e corrixir o sistema de arquivos (ext2, ext3, ext4). Este inclúe utilidades tan coñecidas como e2fsck, mke2fs ou resize2fs, pero tamén tune2fs, que é da que vos vou falar agora.DiscoDuroPara comezar imos a instalar o paquete e2fsprogs (o mais probable é que xa estee instalado) e showfsck, que nos mostra o número de reinicios ata a seguinte comprobación forzada do sistema. Para elo abriremos unha Terminal e escribiremos a seguinte orde:

sudo apt-get install e2fsprogs showfsck

Tendo xa instalado o paquete comezaremos a detallar o uso de tune2fs. Para empezar imos a por un exemplo da súa sintaxe e logo explicarei que é cada cousa:

sudo tune2fs -c 10 /dev/sda1

A opción “-c” indícalle o programa que imos a programar o chequeo do sistema de arquivos da partición seleccionada (/dev/sda1) cada certos reinicios, neste caso 10. O número obviamente pode ser o que nos queiramos programar. No caso, nada recomendable, que queiramos desactivalo poremos -1. Se por exemplo somos coidadosos, usamos o equipo dunha forma estable, apagámolo ben, non andamos a instalar cousas raras cada dous por 3, eu poría ese número cada 20 ou 30 reinicios. Se polo contrario trátase un equipo para facer experimentos (como algún que teño por algures), ou que usan persoas pouco coidadosas, ese número debe ser mais baixo, por exemplo cada 10 ou incluso 5 reinicios. Garántovos que isto vaivos a quitar mais dun dor de cabeza de enriba.

Agora imos a aprender a usar un programa polémico, xa que seguro que escoitastes (e dixestes) que os sistemas de arquivos en linux non se fragmentan. Mentira cochina, si o fan, o que pasa e que bastante menos que en Window$. Iso ven dado polo deseño dos sistemas de arquivos, que tenden moito menos a fragmentarse, pola forma en que gardan a información. Esta fragmentación é posible no caso de que esteamos constantemente movendo, creando, borrando arquivos de forma intensiva, por por uns exemplos, un servidor FTP, SVN, ou un NAS.  O programa é e4defrag e un exemplo do seu uso sería este:

sudo e4defrag -c /dev/sda1

Esta orde vainos a dícir o estado da fragmentación da partición seleccionada, neste caso /dev/sda1.  Eu por exemplo fíxenna e este é o resultado:

e4defrag

Como vedes, somentes hai 5 arquivos fragmentados, e a puntuación da fragmentación é 0 (hai nada que instalei de cero o sistema). Como vedes entre 0-30 non hai problema, pero a partires de ahí xa sería recomendable defragmentar. No caso de que fose necesario o programa daríanos  a posibilidade de facelo

Un saudo a todos!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *