Corrixe o Tearing nas gráficas NVIDIA

Fai xa os días vin un artigo na páxina de MuyLinux de como desfacerse do maldito tearing nos xogos en Ubuntu co driver privativo de Nvidia. Decidín probalo, e efectivamente, polo de agora non vin que se volvera a producir, polo que a modo de apuntes persoais (moitos dos meus artigos son para iso) farei un resumo do alí comentado.

En primeiro lugar habería que explicar que é o Tearing. Dicir que é un defecto que se produce as veces en determinados xogos, que consiste basicamente en que a pantalla divídese horizontalmente en dúas ou mais partes coma se houbera un corte invisible e as imaxes das diferentes partes non cuadrasen. Penso que a mellor forma de explicalo é por unha foto do efecto. Abaixo deíxovos unha foto que atopei en internet:

DeadIsland

“Al lio”, o primeiro que teremos que facer é editar o famoso arquivo “/etc/X11/xorg.conf”. É moi probable que non o atopedes, xa que Ubuntu configurase automaticamente por defecto, polo que o primeiro que teredes que facer é xeralo. Para elo, coma sempre, abride unha terminal e tecleade:

sudo nvidia-xconfig

Unha vez criado o arquivo xorg.conf, abrímolo para poder editalo ca nosa aplicación favorita. Recordade que precisaredes permisos de administrador, polo que non vos esquezades de por “sudo” antes. Unha vez aberto o arquivo buscamos Section “Screen” e por baixo de  DefaultDepth 24  colocamos a seguinte liña:

Option “metamodes” “nvidia-auto-select +0+0 { ForceCompositionPipeline = On }”

Mais ou menos o resultado quedaría tal que así:

Section “Screen”
Identifier     “Screen0”
Device         “Device0”
Monitor        “Monitor0”
DefaultDepth    24
Option “metamodes” “nvidia-auto-select +0+0 { ForceCompositionPipeline = On }”
Option         “Stereo” “0”
Option         “nvidiaXineramaInfoOrder” “CRT-0”
Option         “metamodes” “1440x900_75 +0+0”
Option         “SLI” “Off”
Option         “MultiGPU” “Off”
Option         “BaseMosaic” “off”
SubSection     “Display”
Depth       24
EndSubSection
EndSection

Logo salvamos a edición que rematamos de facer e reiniciamos o ordenador. Recordade que si tendes mais dun monitor conectado habería que por o mesmo por cada un deles.

O ideal é que a xente de Nvidia se currase polo menos unha opción nas nvidia-settings a modo de checkbox para corrixir isto, sen ter que andar a editar manualmente o xorg. Digamos que é algo parecido o soporte que ten do overclocking que hai que andar a facer cousas parecidas

E listo, agora a xogar sen ver ese desagradable efecto.  Saudos!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

4 reflexións sobre “Corrixe o Tearing nas gráficas NVIDIA”

  1. Non che tiña eu m oitas gañas de meterlle as zarpas ao xorg.conf, pero igual paga a pena.

    E se acousa non rula, eliminar e listo, supoño. Ou non?

  2. Ola Leo.

    Probei a modificar o xorg.conf pero non me foi ben ou, polo menos, non foi como eu agardaba.

    Ao reiniciar deu un erro de configuración gráfica, e dicía que iba arrincar en “low settigns”. Acto seguido saíu un diálogo para aceptar a cousa tal como estaba, reconfigurar os gráficos, etc.

    Eu aceptei simplemente. O equipo arrancou ben e con aceleración 3D, parecía que todo normal.

    Mirei o que había en /etc/X11/ e non estaba o arquivo xorg.conf. No seu lugar había outros tres:

    xorg.conf.failsafe
    xorg.conf.nvidia-xconfig-original (que estaba en branco)
    xorg.conf-backup-160803134102 (que contén o texto exacto do xorg.conf despois de que eu o modificara)

    O xorg.conf estaba, despois da miña modificación, co seguinte texto:

    # nvidia-xconfig: X configuration file generated by nvidia-xconfig
    # nvidia-xconfig: version 367.35 ([email protected]) Mon Jul 11 23:51:45 PDT 2016

    Section “ServerLayout”
    Identifier “Layout0”
    Screen 0 “Screen0”
    InputDevice “Keyboard0” “CoreKeyboard”
    InputDevice “Mouse0” “CorePointer”
    EndSection

    Section “Files”
    EndSection

    Section “InputDevice”
    # generated from default
    Identifier “Mouse0”
    Driver “mouse”
    Option “Protocol” “auto”
    Option “Device” “/dev/psaux”
    Option “Emulate3Buttons” “no”
    Option “ZAxisMapping” “4 5”
    EndSection

    Section “InputDevice”
    # generated from default
    Identifier “Keyboard0”
    Driver “kbd”
    EndSection

    Section “Monitor”
    Identifier “Monitor0”
    VendorName “Unknown”
    ModelName “Unknown”
    HorizSync 28.0 – 33.0
    VertRefresh 43.0 – 72.0
    Option “DPMS”
    EndSection

    Section “Device”
    Identifier “Device0”
    Driver “nvidia”
    VendorName “NVIDIA Corporation”
    EndSection

    Section “Screen”
    Identifier “Screen0”
    Device “Device0”
    Monitor “Monitor0”
    DefaultDepth 24
    Option “metamodes” “nvidia-auto-select +0+0 { ForceCompositionPipeline = On }”
    SubSection “Display”
    Depth 24
    EndSubSection
    EndSection

    Como ves, non tiña as mesmas opcións da sección “screen” que pegaches no artigo (a única que comezaba por option é a que eu peguei).

    Como non parecía que a cousa fora ben, simplemente eliminei os arquivos novos do directorio /etc/X11/ e listo, todo normal.

    Pero quedei coa mosca detrás da orella. É normal isto?

    Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *