Fai xa os días vin un artigo na páxina de MuyLinux de como desfacerse do maldito tearing nos xogos en Ubuntu co driver privativo de Nvidia. Decidín probalo, e efectivamente, polo de agora non vin que se volvera a producir, polo que a modo de apuntes persoais (moitos dos meus artigos son para iso) farei un resumo do alí comentado.
En primeiro lugar habería que explicar que é o Tearing. Dicir que é un defecto que se produce as veces en determinados xogos, que consiste basicamente en que a pantalla divídese horizontalmente en dúas ou mais partes coma se houbera un corte invisible e as imaxes das diferentes partes non cuadrasen. Penso que a mellor forma de explicalo é por unha foto do efecto. Abaixo deíxovos unha foto que atopei en internet:
“Al lio”, o primeiro que teremos que facer é editar o famoso arquivo “/etc/X11/xorg.conf”. É moi probable que non o atopedes, xa que Ubuntu configurase automaticamente por defecto, polo que o primeiro que teredes que facer é xeralo. Para elo, coma sempre, abride unha terminal e tecleade:
sudo nvidia-xconfig
Unha vez criado o arquivo xorg.conf, abrímolo para poder editalo ca nosa aplicación favorita. Recordade que precisaredes permisos de administrador, polo que non vos esquezades de por “sudo” antes. Unha vez aberto o arquivo buscamos Section “Screen” e por baixo de DefaultDepth 24 colocamos a seguinte liña:
Option “metamodes” “nvidia-auto-select +0+0 { ForceCompositionPipeline = On }”
Mais ou menos o resultado quedaría tal que así:
Section “Screen”
Identifier “Screen0”
Device “Device0”
Monitor “Monitor0”
DefaultDepth 24
Option “metamodes” “nvidia-auto-select +0+0 { ForceCompositionPipeline = On }”
Option “Stereo” “0”
Option “nvidiaXineramaInfoOrder” “CRT-0”
Option “metamodes” “1440x900_75 +0+0”
Option “SLI” “Off”
Option “MultiGPU” “Off”
Option “BaseMosaic” “off”
SubSection “Display”
Depth 24
EndSubSection
EndSection
Logo salvamos a edición que rematamos de facer e reiniciamos o ordenador. Recordade que si tendes mais dun monitor conectado habería que por o mesmo por cada un deles.
O ideal é que a xente de Nvidia se currase polo menos unha opción nas nvidia-settings a modo de checkbox para corrixir isto, sen ter que andar a editar manualmente o xorg. Digamos que é algo parecido o soporte que ten do overclocking que hai que andar a facer cousas parecidas
E listo, agora a xogar sen ver ese desagradable efecto. Saudos!
Non che tiña eu m oitas gañas de meterlle as zarpas ao xorg.conf, pero igual paga a pena.
E se acousa non rula, eliminar e listo, supoño. Ou non?
Efectivamente, a min foime ben e non atopei problema algún. Saudos!
Ola Leo.
Probei a modificar o xorg.conf pero non me foi ben ou, polo menos, non foi como eu agardaba.
Ao reiniciar deu un erro de configuración gráfica, e dicía que iba arrincar en “low settigns”. Acto seguido saíu un diálogo para aceptar a cousa tal como estaba, reconfigurar os gráficos, etc.
Eu aceptei simplemente. O equipo arrancou ben e con aceleración 3D, parecía que todo normal.
Mirei o que había en /etc/X11/ e non estaba o arquivo xorg.conf. No seu lugar había outros tres:
xorg.conf.failsafe
xorg.conf.nvidia-xconfig-original (que estaba en branco)
xorg.conf-backup-160803134102 (que contén o texto exacto do xorg.conf despois de que eu o modificara)
O xorg.conf estaba, despois da miña modificación, co seguinte texto:
# nvidia-xconfig: X configuration file generated by nvidia-xconfig
# nvidia-xconfig: version 367.35 ([email protected]) Mon Jul 11 23:51:45 PDT 2016
Section “ServerLayout”
Identifier “Layout0”
Screen 0 “Screen0”
InputDevice “Keyboard0” “CoreKeyboard”
InputDevice “Mouse0” “CorePointer”
EndSection
Section “Files”
EndSection
Section “InputDevice”
# generated from default
Identifier “Mouse0”
Driver “mouse”
Option “Protocol” “auto”
Option “Device” “/dev/psaux”
Option “Emulate3Buttons” “no”
Option “ZAxisMapping” “4 5”
EndSection
Section “InputDevice”
# generated from default
Identifier “Keyboard0”
Driver “kbd”
EndSection
Section “Monitor”
Identifier “Monitor0”
VendorName “Unknown”
ModelName “Unknown”
HorizSync 28.0 – 33.0
VertRefresh 43.0 – 72.0
Option “DPMS”
EndSection
Section “Device”
Identifier “Device0”
Driver “nvidia”
VendorName “NVIDIA Corporation”
EndSection
Section “Screen”
Identifier “Screen0”
Device “Device0”
Monitor “Monitor0”
DefaultDepth 24
Option “metamodes” “nvidia-auto-select +0+0 { ForceCompositionPipeline = On }”
SubSection “Display”
Depth 24
EndSubSection
EndSection
Como ves, non tiña as mesmas opcións da sección “screen” que pegaches no artigo (a única que comezaba por option é a que eu peguei).
Como non parecía que a cousa fora ben, simplemente eliminei os arquivos novos do directorio /etc/X11/ e listo, todo normal.
Pero quedei coa mosca detrás da orella. É normal isto?
Saúdos.
Pois non teño nin idea…. a min foime a primeira.