Estaba dándome un paseo por un dos meus blogs favoritos, La mirada del Replicante, cando de repente vin un artigo que me chamou a atención. Trataba dun programa que recortaba e unía vídeos. Como o tema me interesa, púxenme a lelo, cando por sorpresa vin que era xusto, xusto, o que estaba a buscar.
VidCutter, que así é como se chama o programa, é unha aplicación multiplataforma (GNU/Linux, Windows, MacOS) que permite cortar e unir anacos dun video na orde que queiramos dunha forma sinxela e rápida. Non vas a atopar complicacións con temas de codecs, formatos, birates, proporcións, resolucións…. O vídeo vai ter exactamente as mesmas características que o orixinal, co que a velocidade coa que se exporta vai ser moi rápida. A min paréceme perfecto para recortar sen mais pretensións vídeos caseiros, por exemplo.
O programa está desenrolado con Python e Qt5, utilizando toda a potencia de FFmpeg
Se queredes instalalo en Ubuntu é moi sinxelo, tan so tedes que abrir unha terminal e seguir os seguintes pasos:
-En primeiro lugar engadides o repositorio:
sudo
add-apt-repository ppa:ozmartian
/apps
sudo
apt update
-Por último instalaremos o programa con:
sudo
apt
install
vidcutter
FONTES: La mirada del Replicante, VidCutter
Tempo sen lerte por aquí!
Saúdos!
Últimamente estou un pouco pillado co traballo e JugandoEnLinux.com. Ademais xa sabes que me ten que gustar o tema sobre o que escribo, senon non me sae
Saudações leillo1975, por meio deste, peço a gentileza de me ajudar a resolver certos problemas com o Vidcutter no Sistema Operacional Linux Fedora 28 LXDE x86 x64. O problema é que no momento de reproduzir o arquivo de vídeo não é exibido, apenas o áudio é ouvido e você pode ver os quadros do vídeo para editar, mas retiero não exibido apenas um fundo escuro com áudio permanece.
Agradeço antecipadamente por suas amáveis atenções, ajuda e pronta resposta.
Benvindo Radel!. Supoño que tes instalada a última versión do programa, pero polo que vexo parece un problema de codecs. ¿Probaches a instalar un paquete de codecs? En Ubuntu o paquete chámase “ubuntu-restricted-extras”. En Fedora descoñezo si hay algún paquete parecido
Saludos a todos los usuarios e internautas de esta web, por medio de la presente les solicito encarecidamente que tengan la amabilidad de ayudarme a resolver ciertos problemas con Vidcutter en el Sistema Operativo Linux Fedora 28 LXDE x86 x64. El problema es que al momento de reproducir el archivo de video no se visualiza, solo se escucha el audio y se puede ver los frames del video para editar, pero retiero no se visualiza solo queda un fondo oscuro con audio.
Agradezco de antemano su gentil atenciones, ayudas y prontas respuestas.