Corta e pega videos de forma sinxela con VidCutter

Estaba dándome un paseo por un dos meus blogs favoritos, La mirada del Replicante,  cando de repente vin un artigo que me chamou a atención. Trataba dun programa que recortaba e unía vídeos. Como o tema me interesa, púxenme a lelo, cando por sorpresa vin que era xusto, xusto, o que estaba a buscar.

VidCutter, que así é como se chama o programa, é unha aplicación multiplataforma (GNU/Linux, Windows, MacOS) que permite cortar e unir anacos dun video na orde que queiramos dunha forma sinxela e rápida. Non vas a atopar complicacións con temas de codecs, formatos, birates, proporcións, resolucións…. O vídeo vai ter exactamente as mesmas características que o orixinal, co que a velocidade coa que se exporta vai ser moi rápida. A min paréceme perfecto para recortar sen mais pretensións vídeos caseiros, por exemplo.

O programa está desenrolado con Python e Qt5, utilizando toda a potencia de FFmpeg

Se queredes instalalo en Ubuntu é moi sinxelo, tan so tedes que abrir unha terminal e seguir os seguintes pasos:

-En primeiro lugar engadides o repositorio:

sudo add-apt-repository ppa:ozmartian/apps
-Logo actualizaremos para obter a nova lista de paquetes:
sudo apt update

-Por último instalaremos o programa con:

sudo apt install vidcutter
E xa está todo listo. Saudos!

FONTES: La mirada del Replicante, VidCutter

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

5 reflexións sobre “Corta e pega videos de forma sinxela con VidCutter”

      1. Saudações leillo1975, por meio deste, peço a gentileza de me ajudar a resolver certos problemas com o Vidcutter no Sistema Operacional Linux Fedora 28 LXDE x86 x64. O problema é que no momento de reproduzir o arquivo de vídeo não é exibido, apenas o áudio é ouvido e você pode ver os quadros do vídeo para editar, mas retiero não exibido apenas um fundo escuro com áudio permanece.

        Agradeço antecipadamente por suas amáveis atenções, ajuda e pronta resposta.

        1. Benvindo Radel!. Supoño que tes instalada a última versión do programa, pero polo que vexo parece un problema de codecs. ¿Probaches a instalar un paquete de codecs? En Ubuntu o paquete chámase “ubuntu-restricted-extras”. En Fedora descoñezo si hay algún paquete parecido

  1. Saludos a todos los usuarios e internautas de esta web, por medio de la presente les solicito encarecidamente que tengan la amabilidad de ayudarme a resolver ciertos problemas con Vidcutter en el Sistema Operativo Linux Fedora 28 LXDE x86 x64. El problema es que al momento de reproducir el archivo de video no se visualiza, solo se escucha el audio y se puede ver los frames del video para editar, pero retiero no se visualiza solo queda un fondo oscuro con audio.

    Agradezco de antemano su gentil atenciones, ayudas y prontas respuestas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *