Dalle Chicha os teus Xogos con GameMode

A semana pasada recibíamos un correo electrónico por parte do departamento de prensa de Feral Interactive, é nada más comezar a lelo xa se nos fixeron os ollos “chiribitas”.  A coñecida compañía británica de ports remataba de liberar unha ferramenta que permite optimizar o uso do noso equipo para a execución de xogos.  Procurando un pouco mais de información sobre dita ferramenta que a facilitada por Feral, atopamos unha pequena entrevista realizada por GamingOnLinux os seus desenroladores, e nela puidemos botar un pouco mais de luz sobre ela.

“GameMode” é un conxunto de demo (servizo) e librerías que o que fai basicamente é trocar o gobernador do kernel para conseguir o máximo rendemento de este cando executamos o xogo. Por defecto os sistemas veñen prefixados a “Ondemand” ou “Powersave”, o que pode provocar certa lentitude e inestabilidade no rendemento. Si queremos asegurarnos de que o noso xogo aproveite o máximo potencial que pode ofrecernos o noso sistema, e sexa o mais estable posible, este gobernador debería estar en “Performance”, o cal fará que o noso equipo consuma mais enerxía si o mantemos permanentemente deste xeito. Ademais debemos darlle privilexios de superusuario a estas accións, o cal implica sempre certo risco. Si queremos saber que gobernador estamos a usar en calquera momento, podemos executar este comando:

cat /sys/devices/system/cpu/cpu0/cpufreq/scaling_governor

Grazas a esta ferramenta non é necesario modificar este gobernador constantemente para adaptarnos á situación que requira, senón que o modo de máximo rendemento executarase automaticamente cando arrinquemos un xogo, y desactivarase o deixar de usar este. Si queremos instalar esta ferramenta, por certo Open Source (BSD3),  tan so temos que ir a súa páxina de GitHub e seguir las instrucións facilitadas.

Para os seguintes xogos que lanzará Feral, como o esperado “Rise of Tomb Raider”, virá incluído, polo que se espera que se execute automaticamente si está instalado. Pero tamén poderemos facer uso de él noutros xogos. Para elo simplemente debemos arrincar el xogo coa seguinte orde:

LD_PRELOAD=/usr/\$LIB/libgamemodeauto.so ./game

Si o noso xogo está en Steam, teremos que configurar os seus parámetros de arranque deste xeito:

LD_PRELOAD=$LD_PRELOAD:/usr/\$LIB/libgamemodeauto.so %command%

Como podedes ver, unha vez instalado, o seu uso é moi doado. Agora so temos que ver a vantaxe que nos vai supor ó usalo. Si é certo o que promete podemos estar ante un antes e un despois nos xogos para Linux. As veces simplemente un 10% mais pode marcar a diferencia. Tamén haberá que seguir o proxecto para ver como evoluciona co tempo, e si pouco a pouco vai engadindo novas características e funcionalidades, especialmente grazas as contribucións da comunidade. Como apunte, estaría ben que por parte ao menos de Feral Interactive, incluíran el GameMode no seu catálogo de xogos actualizándoos, para así evitar el ter que andar tocando os parámetros de arranque.

Realicei algunhas probas de xogos y obtivemos los seguintes resultados:

Company of Heroes 2 DIRT Rally Shadow Of Mordor
Normal Con GameMode Normal Con GameMode Normal Con GameMode
Mínimo 25,9 13,74 53,93 62,65 39,53 39
Máximo 53,31 56,66 94,27 93,97 79,06 82,19
Media 35,27 34,39 68,78 77,53 55,92 58,09

 

F1 2015 F1 2017 DIRT Showdown
Normal Con GameMode Normal Con GameMode Normal Con GameMode
Mínimo 29,84 38,03 35 36 56,96 37,42
Máximo 60,59 70,95 49 75  
Media 46,49 60,41 41 52 65,78 58,71

Como podedes ver, os xogos que comparten o motor EGO de Codemasters, a excepción DIRT Showdown, que foi portado por Virtual Programming, ganan bastantes frames por segundo. En troques o resto das diferencias non parecen significativas.

Algo que é importante dicir, é que este software pódese usar non só con xogos, senón con calquera outra aplicación que requira un uso alto de recursos, coma por exemplo un editor ou conversor de video.

Antes de que se nos esqueza, é agradable ver como empresas como Feral colaboran ca comunidade do Software Libre aportando o seu grao de area para que todo isto tire para adiante. Como sabedes, a parte de este novo proxecto, Feral leva tempo colaborando co desenrolo de Mesa e os drivers libres tanto de OpenGL. coma de Vulkan. Certo é que redunda no seu propio beneficio, pero tamén no de todos, e iso é algo que é importante recoñecer.

¿Qué vos parece “GameMode”? ¿Xa o probastes? ¿ notastes diferencia? Podedes deixar as vosas impresións e probas nos comentarios.

 

Nota: Este artigo foi escrito orixinariamente en castelán para JugandoEnLinux.com

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

20 reflexións sobre “Dalle Chicha os teus Xogos con GameMode”

  1. Ola Leo.

    Canto tempo sen falarmos!

    Pero este artigo sobre o GameMode é unha boa escusa para botar un conto porque parece un recurso ben interesante para botar unhas partidiñas como é debido, e considerei boa idea aproveitar o lanzamento de Rise of The Tomb Rider para probalo e contarche o meu parecer.

    Así que o primeiro era instalar GameMode seguindo os pasos da páxina de GitHub, instalei as dependencias sen problema, descarguei e descomprimín sen mensaxes de erro, situeime no cartafol gamemode-1.0 sen problema, pero os problemas viñeron ao executar o script co comando:

    ./bootstrap.sh

    Cando o executo, a terminal sempre me devolve isto:

    + meson –prefix=/usr build -Dwith-systemd-user-unit-dir=/etc/systemd/user
    Error during basic setup:

    [Errno 2] No such file or directory: ‘/home/tonho/gamemode-1.0/build’

    É como se faltara algún directorio nos arquivos descomprimidos e non se dá instalado.

    Resultado, o que quería ser un comentario sobre o rendemento do GameMode acabou sendo unha petición de auxilio!

    Tes algunha idea de como solucionar isto?

    Quédoche moi agradecido!

  2. Ola de novo!

    Efectivamente, de entrada, era cousa de crear o cartafol de marras, non sei como non caíra na conta!

    Ap crear o cartafol empezou a instalación, pero apareceu o erro que ves aquí:

    + meson –prefix=/usr build -Dwith-systemd-user-unit-dir=/etc/systemd/user
    The Meson build system
    Version: 0.29.0
    Source dir: /home/tonho/gamemode-1.0
    Build dir: /home/tonho/gamemode-1.0/build
    Build type: native build
    Build machine cpu family: x86_64
    Build machine cpu: x86_64
    Project name: gamemode
    Native c compiler: cc (gcc 5.4.0-6ubuntu1)

    Meson encountered an error in file meson.build, line 32, column 0:
    Unknown function “join_paths”.

    Parece que a instalación non é cousa fácil!

  3. Pois daquela, parece que hai que agardar ata que instale Ubuntu 18.04…

    Aínda que a día de hoxe, case me gusta máis Kubuntu 18.04…

  4. Budgie é bonito de ver e vai moi lixeiro, pero o Docky é moi limitadiño… non podo con iso de que non indique se tes aberta máis dunha instancia, para traballar non serve.

    Das 18.04 teño instalado Kubuntu, Ubuntu e Xubuntu nun disco velliño que tiña pola casa e o que máis me está gustando é Kubuntu, sen dúbida…. quitando a tenda de aplicativos, que non mola nada (pero sempre se pode tirar de Synaptic ou instalar a de Ubuntu) o resto é fantástico, fluído, razonablemente estable desde que saiu a beta 2, que é cando eu instalei… encántame.

    De Ubuntu… é que hai cousas de Gnome que non entendo… esa barra superior que non sei que pinta aí sen un global menú nin nada, o rendemento das animacións da vista de actividades que van a máis a tiróns canto máis tempo de sesión levas (parece que lle afectara o funcionamento do disco, que é velliño, haberá que ver como vai no SSD…), a ridiculez de poñer iconos no escritorio sen ter un botón nativo para minimizar todas as ventás abertas…

    Sen embargo en Kubuntu 18.04 todo vai como a seda. Recoméndoche probalo, aínda que só sexa por curiosidade.

    Hei de probar a instalar o GameMode na instalación de probas de Ubuntu 18.04, a ver se aí se instala…

    Xa che vou contando.

    1. En canto a budgie cambieino por que me se trababa as veces, e ademais estaba a ter problemas cos Snaps que non me funcionaban correctamente. Kubuntu probeino fai unha morea de anos e pareceume moi recargado e lento. O mellor agora é outra cousa

      1. Tal cual, Kubuntu hoxe é outra cousa, máis non só respecto de hai anos, simplemente comparándoo con Kubuntu 16.04, o 18.04 é moito máis interesante…

        Iso sen ter en conta que a día de hoxe Gnome tampouco é precisamente un sistema lixeiro…

      2. Ola de novo.

        Con algo de retraso, cóntoche que en finalmente instalei gamemode en Ubuntu e Kubuntu 18.04, ou iso creo, porque a mensaxe que da ao final a terminal faiseme confusa, porque non vove saír o prompt e non sei se é que rematou ou se teño que agardar… non o lembro ben, pero sae algo que fala de final END, pero non o entendo ben.

        No suposto de que quedara instalado, só o probei con Rise of The Tomb Rider, que se supón que o executa por defecto sen ter que facer nada máis e vai estupendamente en calquera dos dous sistemas (previo retoque á baixa das opcións por defecto), aínda que non teño maneira de comparalo obxectivamente.

        Iso si, de cando en vez, tanto tanto en Kubuntu como en Ubuntu, tende a deixarme frito o sistema, ata o punto de que teño que reiniciar polas bravas, co botón reset, non sei se é cousa do Gamemode ou do propio xogo, pero pasa iso de cando en vez.

        Qúedame probar o xogo en Ubuntu 16.04, para ver se realmente hai algunha diferencia.

        Para poñer a cousa en contexto de hardware, o equipo vén sendo algo como isto:

        Intel i5 20500
        Nvidia GTX 760 2GB
        8GB de RAM

        A ver se probo na 16.04 e teño algo con que comparar…

        1. Algunhas persoas no grupo de Telegram de JugandoEnLinux.com (
          https://t.me/jugandoenlinux) están a reportar problemas co driver 396. Proba cos 390. Para ver si se está a executar gamemode podes facer AltTab e nunha terminal executar “cat /sys/devices/system/cpu/cpu0/cpufreq/scaling_governor”. Se pon performance está ben

          1. Feito, e xa sabemos varias cousas:

            1º Que non é cousa do driver, volvín ao 390 en Ubuntu 18.04 e vai peor. Recuperei o 396 e mellorou.

            2º En Ubuntu 18.04 non se pode facer alt+tab co Rise of The Tomb Rider, non funciona. Non podo saber aí se está a funcionar o gamemode. Con outros xogos, si funciona.

            3º Que en Kubuntu 18.04 o xogo funciona con gamemode.

            4º En Kubuntu si se pode facer Alt+tab, de aí que puidera executar o comando de marras, pero despois xa non hai maneira de voltar ao xogo, casca todo, queda a música en bucle e o PC medio conxelado.

            5ª Tanto en Kubuntu como en Ubunru 18.04 despois de pechar o xogo o equipo queda medio tonto uns intres, como se tivera os recursos ocupados en algo. Ao pouco volve a estar normal.

            5º En Ubuntu 16.04, onde no está instalado o gamemode, Rise of The Tomb Rider vai a uns poucos FPS menos coa mesma configuración, pero non dá ningún dos problemas anteriores, o alt+tab funciona normalmente e non se nota nada raro despois de pechar o xogo.

            Resumindo, que ten toda a pinta de que se trata de efectos secundarios do gamemode, mellora un chisco o xogo, pero provoca algúns problemiñas non desexados…

            Como o ves?

          2. Ola de novo Leo.

            Penso que xa teño localizado a causa dos bloqueos do Rise of the Tomb Rider e non parece que teñan nada que ver co Game Mode.

            Todo indica que pasa cando recibes unha notificación, polo menos coas de Telegram. Deixáronme o equipo teso dúas veces esta mañá, notificación de Telegram, sistema bloqueado. Non tiven a oportunidade de comprobar se tamén pasa con outro tipo de notificacións.

            Dito isto, pechando o Telegram antes da partida xa non nos vai afectar, pero isto nunca me pasara antes con ningún xogo. Algún bug ten que haber por aí.

  5. Ola Leo.
    o que teño claro e que a pesar das enquisas de Steam do uso de GNU/Linux, este tipo de ferramentas que non son doadas de facer nin baratas, indica que os xogos para o sistema do pingüino non están mortos, o contrario. O cal sempre e unha grata sorpresa.
    Unha apreta.

  6. Gran artigo e mellor descripción leo.
    En canto teña tempo heino de probar no meu Mint.
    Unha aperta e a seguir no rego.

    1. Notei certa melloría nos xogos de Feral como DIRT Rally e os de F1. Tampouco probei moito mais pois se o xogo non ten un modo benchmark tampouco podo atestigualo de forma fidedigna. Xuraría que por exemplo Euro Truck Simulator 2 e o seu irmán americano, o American Truck Simulator van un pelo mellor, pero tampouco podo xuralo por que se actualizaron recentemente e o mellor é cousa do parche. Se o probas agradezo os resultados dos modos de proba con e sin Gamemode

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *