Dispoñible Ubuntu 17.10 “Artful Aardvark”

Faía xa bastante tempo que non falaba de novas releases de Ubuntu. A verdade é que ese tipo de información replicase ata o infinito nos blogs de GNU/Linux cada vez que sacan unha nova versión, polo que repetir no meu espazo practicamente o mesmo que no resto dos sitios parecíame un sensentido.

O caso é que nesta ocasión vou facer unha excepción, xa que dende fai moito tempo non había un lanzamento con tantas novidades. Ademais o nome en clave reiniciouse e comezan dende o principio co abecedario (Artful Aardvark). Casualidade ou non tamén se reinician multitude de cousas na distro mais popular para gusto ou desgusto de moitos.

Fai uns meses a comunidade revolvíase o cancelarse o proxecto da converxencia de Ubuntu. Deixábase de desenrolar Unity 8 , Ubuntu Phone, e aínda pra mais decidíase utilizar Wayland como servidor gráfico en detrimento de MIR. Todos estes cambios converxían na elección de GNOME Shell como o escritorio por defecto da distribución, o que provocaba unha auténtica conmoción en moitos dos satisfeitos usuarios de Unity 7.

Afortunadamente os meses pasaron e todos estes cambios fóronse concretando nunha renovada e fresca nova distribución que sen saírse dos carreiros marcados por Gnome, sigue tendo claro sabor a Ubuntu ….E sen mais imos a describir todos os cambios que imos a atopar:

-A mais obvia e visual e como comentaba antes o uso de Gnome Shell como escritorio na versión principal.  A interface Unity é sustituida por una versión Ubuntizada de Gnome que presenta un dock lateral persoalizable onde poderemos fixar as nosas aplicacións favoritas e acceder o menú de aplicacións. Hay unha barra superior transparente onde atoparemos o menú da aplicación que teñamos en primeiro plano, un calendario onde ademais veremos as notificacións, e a dereita un menú onde xestionar a rede, o son, as preferencias, etc.

-Se prememos a tecla Super ou clicamos en Actividades (esquina superior esquerda) poderemos ver todas as xanelas que temos abertas na sesión. Poderemos cambialas tamén de espazo de traballo movéndoas a dereita.

-As xanelas das aplicacións manteñen a estética e as funcionalidades de Gnome (menús, diálogos. etc). Os botóns de minimizar-maximizar-pechar voltan a o lado dereito.

-O panel de control ten un redeseño completo, coas seccións nun menú lateral e os contidos de cada unha destas a dereita. Agora luce moito mais ordenado e simple.

-Un cambio de calado é a substitución por defecto do servidor gráfico X.org por Wayland. Este troco ten especial relevancia debido a que Cannonical estivo anos desenrolando o seu propio servidor gráfico (MIR) que nunca chegou a usar oficialmente.

-Volvemos a GDM en troques de LightDM. Teremos que “levantar a cortina” para poder introducir os datos de Logon. Por certo, nesta cortina, poderemos ver notificacións si xa nos logueamos e o escritorio bloqueouse.

-Actualízanse montóns de aplicacións, así como o stack gráfico (Mesa 17.2 e X.org  1.19) e o kernel (4.13).  Entre as aplicacións que se actualizan está Libreoffice, Firefox 56 ou Rhithmbox.

-Esquécete da versión de 32 bits. A partires de agora so poderás instalar a versión de 64 bits. Isto ten bastante lóxica, pois Ubuntu tanto con Unity como con GNOME Shell é unha distro razonablemente pesada.

Pois sen mais deixovos cun video que elaboraron os rapaces de OMG Ubuntu para a ocasión e donde poderedes ver estas novidades:

Se queredes descargar Ubuntu 17.10 “Artful Aardvark”, podedes facelo pinchando aquí. Se non queredes “queimalo” nun DVD podedes usar Etcher para pasalo a un USB autoarrincable

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

7 reflexións sobre “Dispoñible Ubuntu 17.10 “Artful Aardvark””

  1. Ola Leo.

    Direiche que o estou probando e gústame ben o enfoque que lle dá Ubuntu ao Gnome Shell.

    Hai cousas a mellorar de cara a Ubuntu 18.04, non obstante, como o feito de que Wayland non estea por defecto para todo o mundo, polo menos non está para os que temos gráficas nVidia (entendo que nisto Ubuntu pouco responsabilidade terá), ou que os que si poden usar Wayland teñan problemas con certas aplicacións tan populares e útiles como Synaptic…

    Outra cousa qwue notei é o funcionamento anómalo da configuración de idiomas. De toda a vida, Ubuntu permitía organizar os idiomas por orde de preferencia, pero neste momento só parece permitir modificar o idioma principal. É dicir, eu sempre instalo o sistema en galego, pero instalo tamén o español para entender as interfaces cando o aplicativo non está traducido ao galego e póñoo en segundo lugar da orde de preferencia. Pero en Ubuntu 17.10 non podo facer isto, instalo o español sen problema pero non podo poñelo en segundo lugar, podo poñelo como idioma principal e o galego pasa ao terceiro, poño o galego de primiero e o español volve pasar ao terceiro… é dicir, faga o que faga ñe imposible conseguir que o inglés pase a ser o terceiro na orde de preferencia, de aí que pareza que só se pode cambiar o idioma principal.

    Aínda así, insisto en que me gusta a idea, pero ten pinta de que quedan bastantes aristas por pulir. Iso si, tempo teñen ata abril de 2018 para mellorar estes detalliños.

    Xa o iremos vendo.

    Saúdos.

    1. Hola de novo.

      Ainda non me dera de conta do dos idiomas, a ver se o cambian outra vez.

      A min o que me mosquea é ter que que instalar unha extensión para ir o Escritorio. Tamén ver as unidades montadas no Escritorio en troques de facelo no Dock.
      Supoño que co tempo irán axeitando a distro para que sexa o que esperamos de Ubuntu.
      Por certo, alédome de verte de novo por aquí. Un saudo

      1. Home, o de ir ao escritorio responde un pouco ao deseño que Gnome Shell tivo desde o principio, no que parecían querer prescindir do paradigma de escritorio clásico (de feito, nun primeiro momento Unity tampouco permitía nin sequera usar o escritorio por defecto e tiña que activalo o usuario). A xente de Gnome parece onsiderar que non é necesario gardar arquivos aí e, en consecuencia, non habilitan un botón específico ou algún outro xeito de acceder a el, como podería ser picar no espazo libre na vista de actividades (tamén hai algunha extensión que fai isto). Non obstante, todos usamos o escritorio como facemos cun escritorio físico, temos as cousas enriba da mesa ata que rematamos de usalas ou decidimos arquivalas definitivamente, por iso sempre me pareceu ir en contra do uso máis intuitivo que facemos do PC; unha tablet ou un móbil úsanse doutra maneira, pero no PC é moi cómodo ter unha mesa de traballo.

        Despois, o das unidades montadas no escritorio tampouco mola demasiado, ademais de que non ten xeito facelo así se non pos un botón para acceder ao escritorio. De todos xeitos, isto último tamén se palía cunha extensión que se chama “removable drive menú” que mostra as unidades montadas arriba, no panel.

        Eu, agora mesmo estou usando varias extensións:

        Coverflow Alt-Tab, que substutúe a maneira de desprazarse entre fiestras do Alt-Tab orixinal por outra máis molona.

        OpenWeather, pola cousa de ver a temperatura no panel e, se queres algunha cousiña máis.

        Removable Drive Menu, da que xa che falei, para ver ou desmontar as unidades montadas no panel.

        Show Desktop Button, para ir ao escritorio cun clic.

        User Themes, necesaria para poder cambiar o tema do shell.

        Obviamente, tamén teño as dúas que Ubuntu 17.10 trae activadas por defecto, Ubuntu AppIndicators e Ubuntu Dock.

        Non creo que precise moitas máis, polo que levo probado.

        Eu creo que a cousa vai por bo camiño e gústanme as pequenas modificacións que fixo Ubuntu, pero aínda lle queda un camiño por recorrer.

        Saúde.

          1. Non lembraba o nome da extensión no momento en que che puxen o comentario, pero é exactamente esa, si.

  2. -O panel de control ten un redeseño completo, coas seccións nun menú lateral e os contidos de cada unha destas a dereita. Agora luce moito mais ordenado e simple.
    Ese diseño non é obra de Canonical senon de Gnome. O que boto de menos e sin duda a esquina quente (hot corner). Paeceme moi útil. E non e doado pola.
    Polo demais pareceme unha boa versión pos cambios que introduce. Ainda que esta claro que lles falta moito traballo por diante de cara a LTS.
    Unha apreta

    1. Non sabía o do panel de control. Non era usuario de Gnome, usaba normalmente Unity e nos equipos vellos Linu Lite, que leva XFCE.

      Certo que lle falta ainda moito, pero paréceme un moi bo comezo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *