Edita video con Shotcut

Hai uns meses que coñezo a existencia de este editor de video, pero despois de ler unha entrada sobre él en Lignux ocorreuseme que por que non ía facer un pequeno artigo sobre este programa.

Shotcut, como antes dixen, é un editor de video de código aberto multiplataforma (GNU/Linux, Mac, Windows). É capaz de recoñecer grande número de formatos, tanto de video, coma de audio, coma imaxes. Dispón dunha potente interface gráfica que facilita moito o traballo e é bastante configurable o noso xeito. Permite traballar con diferentes formatos de transmisión de video en rede coma HTML, HLS, RTMP, RTSP ou MMS entre outros. Tamén permite capturar video e audio dende diferentes orixes. Permite a utilización dun monitor externo e de forma experimental permite o procesamento por GPU.

Vamos, que o programa ven completiño, e polo que vexo dende hai tempo está avanzando a bo ritmo incluindo cada pouco novidades. As últimas son un analizador de espectro de audio, un botón para bloquear unha pista, atallos de teclado, novos flitros de audio e video, etc

Se vos apetece darlle unha oportunidade e probalo aquí tendes varios videotutoriales e atallos de teclado.

Shotcut

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

5 reflexións sobre “Edita video con Shotcut”

  1. Saúdos, Leo.

    Non che sei usar editores de video, nunca me deu por me poñer con esas cousas, pero sempre ben está ter unha bala máis na recámara, por se acaso.

  2. No meu choio teño que pelexar con solucións privativas como AVID e Adobe Premiere. A este (e a todos os de Software Libre) ainda lle queda moito, pero xa ten un xeito. Fai uns poucos anos saiu o Lightworks para Linux, que é un editor profesional, cunha versión gratis e outra de pago, pero non estou seguro de que sexa libre.

    1. Home, Lightworks libre non é, desde logo. Non sei se é código aberto ou non, leo por aí que tiñan plans de liberalo pero non sei se o fixeron xa ou non.

      Pero bueno, menos libres son as cousas de Adobe.

    1. Openshot tamén é un gran editor. Está dirixido a usuarios mais normais coma ti e coma min. Shotcut apunta a un ámbito mais profesional. Logo si queres algo profesional de verdade está Lightworks

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *