Supoño que xa non adoitas a queimar CD’s e DVD’s con imaxes de LiveCD’s. Dende hai xa moito tempo hai a posibilidade de usar USB’s para tal tarefa. Ademais e moito mais rápido e económico xa que podemos repetir esta operación as veces que queiramos.
Para elo existen multitude de ferramentas entre as que destacan a que ven por exemplo con Ubuntu, que simplemente non está a altura, e polo xeral a min sóeme dar problemas; e a veterana Unetbootin que sempre me foi de perlas.
Pero hai uns días apareceu unha nova aplicación que acaparou a miña atención, polo simple e ben deseñada que está. Chámase Etcher e funciona as mil maravillas. Ademais é multiplataforma xa que a parte de Linux, tamén está dispoñible para Mac e Windows.
A sua instalación en Linux é tremendamente sinxela xa que ven empaquetada en Appimage. Simplemente temos que descargar o arquivo, darlle dereitos de execución (en Propiedades-> Permisos ou simplemente na termiñal con “chmod a+x Etcher-linux-x64.AppImage“) e executar o arquivo para a instalación e o primeiro arranque. Para Windows e Mac coma sempre os tradicionais .exe e .dmg.
Como veredes a interface é moi sinxela, limpa e efectiva polo que explicar o seu funcionamento aquí paréceme innecesario e ridículo. Se queredes visitar a sua páxina e descargarala simplemente ide a http://www.etcher.io/ . Espero que vos sexa moi útil.
Ola Leo.
Andei a probar isto, e xa non tanto pola aplicación en si, como polo feito de que sexa unha AppImage, que aínda non probara ningunha.
E dito isto, o caso é que non consigo que ande en Ubuntu 14.04. Doulle permisos de execución, pero despois nin con dobre clic, nin con executar… Crea un ficheiriño no directorio que estea e punto, nada máis.
Por se acaso, fun á páxina de AppImaxe e descarguei o Subsurface, o programiña do gran xege Torvalds, e ese funciona sen ningún problema.
E pregúntome eu… ¿Será que hai que facer algunha cousa especial co Etcher?
Home, eu probeino no 16.04, no 14.04 non podo falar. Eu fixen dobre click, pediume o contrasinal e xa funcionou. ¿Probaches a executar o arquivo descargado nunha terminal?
Fai un ./Etcher-linux-x64.AppImage a ver si fuca
Cala, que…. ata me dá vergoña contalo, pero as como son, pasar, non pasaba nada.
O único problema é que lle dei a descargar o executable, sen máis, e polo que se ve, por defecto descarga a versión de 64 bits. Como ando nas verzas, tampouco me fixei no nome do ficheiro, e non caín na conta ata que lle apliquei o comando que me comentaches, que me devolvía un erro de formato.
Vamos, que ben merezo unha colleja!