Imprescindible para Administradores de Sistemas

Cada ano por estas datas ando agobiado polo exceso de choio e as presas, e coma sempre toca formatear e empezar de novo, co que me paso o día facendo multiples imaxes para clonar en diferentes ordenadores.

Ata fai algún tempo era esencial unha ferramenta coma o Norton Ghost (ou semellantes) para este traballo polas multiples posibilidades que ofrecía, pero cada vez estou mais contento con Clonezilla, unha aplicación libre que vai as mil maravillas, e que co tempo e as novas versións vai mellorando pasiño a pasiño. Clonezilla é un Live-CD que unha vez cargado permite facer case todo o que podes facer co Ghost, como clonar e restaurar tanto particións coma discos enteiros (incluida MBR), en diferentes soportes coma discos duros externos, pendrives , carpetas en rede (NFS, SAMBA, etc), utilizando imaxes ou clonando directamente.

Ainda hai algunhas cousas que se poden mellorar coma a redimensión das particións, cando por exemplo tes discos de diferentes tamaños, ou unha interfaz mais pulida. Ultimamente engadiron o chequeo da imaxe recen creada para comprobar si é restaurable, o cal está moi ben.

Ademais permite comprimir estas imaxes con diferentes sistemas ou grados de compresión, facendo todo isto cunha velocidade que dende o meu punto de vista é bastante superior a outros programas privativos. É ademais decir que soporta casi que todos os sistemas de archivos coñecidos (ext2,ext3,ext4, reiser, HFS, NTFS, FAT, etc)

Si es administrador de sistemas ou simplemente gustache ter unha copia de seguridade do teu sistema completo (por si acaso) esta é a tua distro.

Se queredes pasar pola páxina para mais información ou descargala premede aquí: CLONEZILLA

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *