Instala o Kernel 3.9 en Ubuntu 13.04

Remato de ver en Ubunlog o procedemento de instalación da última versión do Kernel (3.9) na última versión de Ubuntu (13.04). Este Kernel inclue melloras bastante importantes na xestión da enerxía dos portátiles, drivers actualizados de gráficas e son, mais soporte con Hardware novo e sistemas ARM, melloras no rendemento xeral, soporte total a Chrome OS, así como moitas correccións no código.

Para instalalo simplemente tendes que abrir unha consola e seguir estos 4 sinxelos pasos:

-Saber si o noso sistema é de 32 ou 64 bits

uname -m

-Descargar os paquetes necesarios:

  • Para 32 bits:

wget -c http://kernel.ubuntu.com/~kernel-ppa/mainline/v3.9-raring/linux-headers-3.9.0-030900_3.9.0-030900.201304291257_all.deb -O linux39headersall.deb && wget -c http://kernel.ubuntu.com/~kernel-ppa/mainline/v3.9-raring/linux-headers-3.9.0-030900-generic_3.9.0-030900.201304291257_i386.deb -O linux39headers32.deb && wget -c http://kernel.ubuntu.com/~kernel-ppa/mainline/v3.9-raring/linux-image-3.9.0-030900-generic_3.9.0-030900.201304291257_i386.deb -O linux39image32.deb

  • Para 64 bits:

wget -c http://kernel.ubuntu.com/~kernel-ppa/mainline/v3.9-raring/linux-headers-3.9.0-030900_3.9.0-030900.201304291257_all.deb -O linux39headersall.deb && wget -c http://kernel.ubuntu.com/~kernel-ppa/mainline/v3.9-raring/linux-headers-3.9.0-030900-generic_3.9.0-030900.201304291257_amd64.deb -O linux39headers64.deb && wget -c http://kernel.ubuntu.com/~kernel-ppa/mainline/v3.9-raring/linux-image-3.9.0-030900-generic_3.9.0-030900.201304291257_amd64.deb -O linux39image64.deb

-Logo tendes que instalar estes paquetes:

sudo dpkg -i linux39*.deb

-Por último actualizar o arranque (grub) para que cargue o Kernel instalado no incio:

sudo update-grub

…. e xa está, reiniciades o voso equipo e xa tendes cargado o último Kernel.

500px-NewTux.svg

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “Instala o Kernel 3.9 en Ubuntu 13.04”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *