Instalando o Microcódigo específico do procesador

Todos os días aprendese algo novo. Non é ningunha mentira nin ningunha frase feita. Sabía que os procesadores modernos dispuñan dun microcódigo que estaba programado no seu firmware, nunha memoria rapidísima propia. Este microcódigo contén conxuntos de instruccións especificas a cada procesador e actualizase de vez en cando.

Procesador

O problema é que non podemos escribir directamente no firmware do procesador, polo que tanto Intel como AMD proporcionan “parches” actualizados que se insertan no inicio do sistema, cando se carga o Kernel. Estos implementan instruccións de código máquina de alto nivel que arreglan pequenos problemas, incompatibilidades, optimizan recursos, melloran a interconexión entre os diferentes elementos do hardware, actualizan drivers … en fin, correccións que sempre poden sernos utis e sacarlle unha pizcalla mais os nosos equipos.

Os pasos que debemos seguir para actualizar o microcódigo son estes:

-Para procesadores INTEL:

sudo apt-get install intel-microcode

-Para procesadores AMD:

sudo apt-get install amd64-microcode

Despois desta instalación debemos reiniciar o sistema e si todo foi ben, o teclear o seguinte comando:

dmesg | grep microcode

Se todo foi ben teríamos que ver algo tal que así:

microcodeNo caso contrario é que o equipo non sexa compatible co parche o simplemente que non o precise.

Saudos!

 

 

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

17 reflexións sobre “Instalando o Microcódigo específico do procesador”

  1. Andei a ler isto e, de feito, instaleino no meu portátil velliño con Lubuntu, que me da menos pereza ter que reinstalalo porque o uso pouco e ten pouca broza dentro (o sobremesa xa é outro cantar).

    Acabo de tunearlle o Firefox (os navegadores é o que máis uso no portátil e as escrituras da caché no disco matábano vivo, bloquábase de todo con algunhas páxinas) así que eliminei a caché do disco e mandeina á RAM), a cousa mellorou unha barbaridade (quen me dera sabelo facer no Chrome).

    Pero co microcódigo non sei dicirche se mellorou ou non, con franqueza. Notar nada notei.

    O caso é se pagará a pena facerllo ao i5 2500 do meu sobremesa.

    E outra cousiña: respecto da instalación do microcódigo, tamén lin isto:

    http://www.makova.es/2012/03/como-actualizar-el-microcodigo-de-los.html

    Xa é de 2012, pero a dúbida é como é mellor facer, instalar o microcódigo desde os repositorios oficiais ou facelo como propoñen na ligazón esta.

    1. En teoría non vas a notar grandes cambios. Son actualizacións que deberían introducirse no firmware do procesador, pero como non é posible ponse coma un parche entre o kernel e o Hardware, por eso se cargan o arrincar o sistema. Esto é o que eu entendo. Polo que estiven lendo non debería notarse nada do outro mundo, moitas veces son correccións de compatibidade con outro hardware ou no consumo de enerxía.

      Probablemente so se noten si temos un servidor currando a tope durante días, Por certo, moi bo o enlace que posteas…

  2. Home, ao portátil e ao seu velliño core 2 dúo dos primeiriños de todo (que pouco máis peito ten ca un pemtium 4) mal non lle fixo, mellor non irá, pero peor seguro que non.

    De feito, o peor defecto que ten o portátil é a lentitude do disco e a pouquiña RAM (1 GB). Estou valorando resucitalo un pouco cun SSD que, ainda que sea dos barateiros, ha de lle dar unha nova vida seguro.

    Xa che contarei.

  3. E non esquecería duplicarlle polo menos a RAM. sería o primeiro que faría. Invertir nun SSD nun portátil vello podes facelo tamén, pero faino con vistas o futuro. Se compras o mais barato vas ter moi pouca capacidade. Se compras un decente pódeche valer pra outro equipo mais adiante. No choio e na miña casa estou metendo Kingston HyperX e estou moi contento ( http://www.kingston.com/es/hyperx/ssd#shfs37a )

    En canto a distros lixeiras, supoño que xa terás as tuas preferencias, pero eu ultimamente estoa a usar Linux Lite ( https://www.linuxliteos.com/ ) que está baseada na 14.04 de Ubuntu LTS; e dende hai uns días estou a probar con mooi bos resultados Ubuntu Mate ( https://ubuntu-mate.org/ ), que a verdade cada vez me convence mais.No choio teño que pelexar con equipos moi, moi vellos (AMD’s e Pentiums de entre 10-15 anos) e con estas distros polo menos pódese consultar páxinas, ofimática, gimp…

  4. Eu, máis ben pensaba nun SSD barateiro, polo uso que lle dou ao portátil non teño tanta necesidade de almacenamento, pero gústame que vaia ao xeito iso si, e un SSD, ainda que fose dos ruíns, íballe poñer vitaminas. Da memoria, fome, mal nunca lle ven, sería mirar prezos.

    Para o meu sobremesa si que merquei un bo, un Samsung 840 PRO, de só 128GB. Pequiniño é pero, cos arquivos no disco convencional, aínda deu para meterlle dentro un Windows 7 (para o vicio) e máis un Ubuntu (con home e todo) e non está petado nin moito menos.

    No portátil teño un Lubuntu que vai moi ben, francamente. Ubuntu Mate probeino en máquina virtual pero, non sei, co que me gustaba Gnome 2 (useino no traballo ata non hai moito por LTSP, agora puxeronnos Xubuntu) fame a sensación de que Caixa tarda unha chea en abir e, non sei, non o vexo moverse fluído como Lubuntu.

    Se cadra aínda fago algo de sitio no disco duro do portátil e meto outra distro para probar, non lle sei, dáme pereza sobre todo pola tarxeta wifi Broadcom, que é máis repunante que dios.

  5. Ubuntu mate ten unha utilidade de configuración que che permite por dock, menú o estilo Windows ou o aspecto Gnome de toda a vida… ademais de mais opcións de personalización.

    Quizais deberías probar o Linux Lite, que é XFCE, cun aspecto personalizado e unha moi boa elección de aplicacións

  6. Xa che digo, co Lubuntu estou contento, ir vai ben tendo en conta as limitacións do portátil. O principal problema que vexo é o dos cacheos dos navegadores no disco, pero isto entendo que vai pasar en calquera outro sistema. En Firefox está amañado, pero en Chrome non teño idea de como se fai e con nada se bloquea, moito peor que co Firefox sen tunear, co Gmail e unha lalela máis xa peta e se lle tiras algo máis do peito paralízache ata o sistema.

    Non obstante, vou mirar de facer algo de sitio no disco para un segundo sistema, a ver se probo algunha cousiña.

  7. Pois direiche que ainda non lle fixen sitio ao disco no portátil, pero andei a mirar cousas en Live USB e, se che digo a verdade, o que máis me gustou do que probei ata o de agora foi Xubuntu, Ubuntu-Mate está ben e gústame o tema Gnome2 pero non me acaba de convencer como se menea. Sen embargo Xubuntu vai estupendamente e en consumo de recursos, sobre o papel, por aí anda con Mate.

    Lubuntu é algo máis lixeiriña, polo menos se non hai nada aberto, e vai moi ben, pero hai que recoñecer que XFCE é bastante máis completo.

    Aí andamos, probando.

  8. Xa mo parecía.

    Pero bueno, ando mirando, Linux Lite, vexo aye ainda ten as traduccións aí, aí… Gustar gústame máis Xubuntu, paréceme máis completo e máis rematado de facer.

    Ainda que máis lixeiriño é Linux Lite.

    A ver, a ver.

  9. En calquera caso, hoxe estou enleado cun portátil dun coñecido que é esclavo do Photoshop, así que xa te imaxinaráqs de que vai o tema.

    O equipo tamén é velliño e move o Windows 7 a duras penas. Ben lle había de ir un Xubuntiño, pero o Photoshop ( CS 6, neste caso) é o que ten.

  10. Versións anteriores ao CS6 non teñen problema, a CS4 xa cha instala o PlayOnLinux el soíño, pero a CS6 aínda non atopei como facelo andar en Linux.

    No Windows instaleille o Gimp e máis o Krita para que se vaian coñecendo. É unha pena, porque o Windows 7 móveo, pero xustiño, e o propio para este portátil era un Xubutiño como é debido.

    Que lle imos facer! Pásalle o mesmo á miña señora, están atrapados por un programa e non hai maneira.

  11. Ao loro, xusto acabo de mirar un playonlknux que teño nunha máquina virtual (eu non teño instalado nin o Wine) e parece o CS6 entre os soportados. Vou botar un ollo a ver.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *