Instalando paquetes Snap en Ubuntu 16.04

Fai uns días falábamos da chegada de Ubuntu 16.04, que incluía coma unha das súas principais novidades, os paquetes Snap. Resumindo, os snaps son uns tarballs con todos os ficheiros de instalación de programas que inclúen todas as dependencias e programas necesarios para reproducirse sen problemas, así como un arquivo de metadatos con información do paquete a instalar e as rutas.

snap-packagesOs comandos de instalación vannos resultar tremendamente familiares xa que se asemellan moito os de apt-get na súa sintaxe, incluso eu diría que son mais sinxelos. Estes serían algúns exemplos de accións básicas:

-Se queremos listar todos os paquetes snap que temos dispoñibles nos repositorios simplemente temos que facer:

snap find

Se queremos listar por exemplo so os que empezan por “t” somentes temos que facer “snap find t“; se escribimos “snap find nome_do_paquete”, mostrarase información en detalle de dito paquete.

-Se queremos listar todos os paquetes instalados no noso sistema teclearemos:

snap list

Se so queremos ver a información de un dos paquetes instalados podemos concatenar con grep (“snap list | grep nome_do_paquete”)

-No caso de que precisemos instalar unha das aplicacións anteriores debemos executar:

sudo snap install nome_do_paquete

-Para borralo do noso sistema faremos un remove e listo:

sudo snap remove nome_do_paquete

-Para instalar unha nova versión do paquete:

sudo snap refresh nome_do_paquete

-Se queremos ver os trocos no log do sistema:

snap changes

Se vos fixades, os comandos que non requieren escribir non precisan o por diante o comando “sudo”. Coma sempre se queredes ver mais información de como funciona so tendes que ver o manual (“snap man”). Haberá que irse acostumando pouco a pouco o novo sistema, como vedes non é moi doado e intuitivo.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “Instalando paquetes Snap en Ubuntu 16.04”

  1. A ver cando empeza a haber paquetes SPAP reais para que os poidamos ir probando (se non me equivoco os que hai dispoñibles son de Ubuntu Phone ou algo así).

    A cousa está creando tanta controversia que xa non sabe un que pensar, se son máis seguros que a paquetería actual, se son menos seguros, que se as librerías obsoletas, que se a confianza que hai que depositar nos desenvolvedores (non sei en que se diferencia isto de ter un PPA, que tamén hai que fiarse, as librerías comúns, comúns son, pero o código do programa… en fin)…

    E nin sequera sabemos como vai resolver todo isto Ubuntu, se vai ter un centro de software para paquetes snap certificados por eles, se vai haber que descargalos das webs… Se vai haber que instalar na caixa de area todas as librerías aínda que xa estean instaladas, se só vai instalar as que non estean ou as que sexan distintas ás que ofrece o sistema… se o sistema se vai ralentizar por cargar 20 veces as mesmas librerías, como se di por aí, ou vai funcionar doutra maneira…

    O único que parece claro é que os snap terán unha serie de vantaxes e, probablemente, algún inconveniente. O que non sei é o que pesará máis. Tempo haberá de ilo vendo, pero para iso falta faría que empezase a haber paquetes snap reais para ilos probando e podermos sacar conslusións.

    Veremos.

  2. Como dias, ata que haia mais paquetes, e de programas mais complexos non se pode xulgar. Como comentei a min a idea pareceme boa, e penso que pode ser un revulsivo para que mais desenroladores se atrevan a compilar para linux. Ata o de agora podías perderte nun mar de dependencias…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *