INXI, completisima información do sistema na tua terminal

Onte, navegando un pouco por ahí, coma todos os dias, atopei en La Mirada del Replicante un verdadeiro programa salvavidas que a partires de agora vai a estar sempre instalado nos ordenadores que eu xestione.

Inxi é un simple comando que outorgará información do sistema, tanto xeral, como por tipo de hardware ou software. Ata o de agora para estos menesteres usaba “lshw” e “lspci”, pero logo de probar este, creo que non hai cor. Coma sempre, o primeiro que temos que facer é instalalo co comando:

sudo apt-get install inxi

A partires de ahí xa podemos sacarlle toda a chicha a esta grande utilidade. Por exemplo si queremos sacar información xeral do equipo no que estamos a traballar escribiremos:

inxi -F

Aqui vos deixo un exemplo de como mostraría a información

INXI

Pero tamén podemos ir por partes según o parametro do que o acompañemos. Estos poderían ser algúns dos mais utis:

-C : Información sobre a CPU

-D : Información sobre os Discos Duros

-G : Información sobre a Tarxeta Gráfica (indica o driver cargado)

-M : Información sobre a Placa Base

-N : Información sobre a Rede

-p : Información sobre as particións

-s : Información sobre os Sensores

-w : Información sobre as condicións climatolóxicas da nosa ubicación

-r : Información sobre os repositorios

-i : Información sobre IPs, MACs, etc

Hai moitos mais, si queremos consultalos simplemente debemos facer un “inxi –help”. Outra cousa que podemos facer é agrupar parametros para que se nos mostre a información que precisamos nun so comando. Por exemplo, si facemos un “inxi -GNs” obteremos inforación sobre a tarxeta gráfica, a rede e os sensores.

Como vos dixen, unha verdadeira navalla suiza da información sobre as nosos equipos. A min vaime axudar a sair de mais dun problema. Saudos!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

8 reflexións sobre “INXI, completisima información do sistema na tua terminal”

  1. le falta la temperatura de los discos duros ❗
    por ejemplo con un “hddtemp /dev/sda”
    si no lo teneis un simple “apt-get install hddtemp”

    Saludos.

  2. Vaia ho!

    Mira ti onde mo vou enterar de que tannhausser é galego!

    E mira que o seu blog está nos meus marcadores desde que empecei a fedellar en Linux!

    Dito isto, instalei o inxi onte mesmo por indicación túa para facer unhas comprobacións e, con franqueza, para os aficionados limitados de coñecementos coma min, non hai mellor cousa.

    Saúde.

  3. He leiodo tus comentarios en paginas como Muylinux y Ubuntizando, pero honestamente desconocía tu blog.
    Sobre INXI ,tambien lo desconocía.
    A instalarlo.

    Saludos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *