No día de onte Mesa acadou oficialmente a versión 17, dacordo coa nova nomenclatura, que a partires de agora corresponderase co ano de lanzamento, polo que pasamos directamente da versión 13 á 17. Fai ben pouco, concretamente a primeiros de Novembro, escribía nesta blog un artigo no que estábamos celebrando a chegada da versión 13 . Dito lanzamento tiña unha especial importancia porque acadábase el fito de conseguir la compatibilidade con OpenGL 4.5 nos drivers libres de Nvidia, AMD e Intel; así como a chegada de Vulkan, o cal permitiu a moita xente poder executar por fin xogos que anteriormente estaban destinados unicamente os usuarios de Nvidia con driver propietario.
En Mesa 17 ampliouse e profundizouse (ver ligazón para más detalles) neste soporte, ofrecendo numerosas correccións e optimizacións, que se fan especialmente palpables á hora de poder gozar aínda mais os últimos lanzamentos en videoxogos. Estas librerías son especialmente útiles para os usuarios que teñan tarxetas AMD, xa que verán unha compatibilidade e incremento do rendemento substanciais, polo que a actualización é obrigada.
Existe unha forma de poder instalar Mesa actualizado en Ubuntu. Neste momento a versión que hai colgada no PPA é la RC3, pero supoño que moi pronto estará a última. Si queredes instalalo, abride como sempre una terminal y executade os seguintes comandos:
sudo add-apt-repository ppa:paulo-miguel-dias/pkppa -y
sudo apt update
sudo apt dist-upgrade
Probablemente existan outras formas de instalar Mesa 17 noutros sistemas, pero non estou familiarizado con elas, polo que rógovos que si as coñecedes, deixedes un comentario neste artigo e irei actualizándoo. Por suposto podedes comentar cales son as vosas impresións, opinións ou correccións.
ACTUALIZACIÓN
Se queres ter tamén as últimas versións dos drivers libres (AMD,Intel Nvidia-Nouveau) podes instalar este outro repositorio do mesmo autor, so que neste caso Mesa é unha versión Beta. É moi recomendable usar este repositorio, debido principalmente a que o avance nestes drivers e case que diario e avanza a moita velocidade.
O primeiro que tendes que facer e borrar o anterior repositorio se o tendes instalado coa seguinte orde:
sudo add-apt-repository – r ppa:paulo-miguel-dias/pkppa
Fixádevos que a orde é a mesma pero co modificador “-r” (de remove). Logo debedes instalar o novo repositorio coas seguintes ordes:
sudo add-apt-repository ppa:paulo-miguel-dias/mesa
sudo apt update
sudo apt dist-upgrade
O rematar reiniciades o equipo e xa tendes instalados os drivers e maila API Mesa.
Si queredes, podedes ler este artigo en castelán en JugandoEnLinux
FONTES:Phoronix, Mesa, Padoka PPA