LibreTeo 2016

O próximo 30 de Abril vaise celebrar no concello de teo unha xornada sobre Software Libre, Cultura Libre e Coñecemento Libre.  Neste evento teremos charlas con xente relacionada con estes temas e diversos talleres e actividades.

libreteoEntre as persoas que van a falar atopamos a Miguel Anxo Bouzada (Mancomun), Luz Castro (Imaxin Soft), Alberto Permuy (Comunidade O Zulo) ou Victor Grande (cómico), entre outros.

Os temas que vanse a tratar nas charlas abarcan dende a implantación de software e sistemas  libres en diversos ámbitos, a edición de video, producción musical con soft libre, etc.

Tamén se van a facer Obradoiros e outras actividades, tanto para maiores como para pequenos, nos que poderemos aprender a programar, instalar Ubuntu, crear persoaxes de minecraft, construir ordenadores, contacontos, música, etc.

Patrocinan e colaboran o Concello de Teo, Agasol, Boa Idea, Melisa, Galpon, Orienta Galicia, e os antes mencionados. Se queres mais información ou inscribirte simplemente pica na seguinte ligazón:

http://libreteo.org/

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “LibreTeo 2016”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *