LXLE, unha pequena gran maravilla

Hola

Onte navigando un pouco pola rede atopei unha reportaxe en Genbeta dunha distro para equipos modestos baseada en Lubuntu. A verdade é que facía tempo que non atopaba algo tan realmente bo e tan traballado.

Esta distro esta baseada como dixen antes en Lubuntu 12.04, co Kernel da serie 3.2, e está especialmente pensada para sacarlle a chicha a equipos que xa están un pouco maiores. Como escritorio trae LXDE, o que asegura un rendemento moito mais fluido en equipos vellos.

A eleción do software que ven incluido é un gran acerto, xa que ten as últimas versións do software (Gimp 2.8, Firefox 19, LibreOffice 4, Guayadeque) e ven moi completa. Dispón de Conki para monitorizar o sistema e uns fondos de pantalla simplemente xeniais que cambian en cada sesión.

Ainda que quizais os aspectos mais positivos que lle atopei a esta xenial distribución é o magnífico centro de software (Deepin) e a posibilidade de instalar os drivers privativos de Nvidia para tarxetas moi vellas. O primeiro pegalle 20 voltas o de ubuntu, cunha interfaz moi sinxela, chamativa e ben deseñada, que funciona xenial e non se atraganta se non tes moitos recursos (todo o contrario que a de Ubuntu). O segundo permitiume instalar o driver de nvidia da serie 96 nunha Geforce 2 MX200 simplemente usando o jockey-gtk (Drivers Adicionais) e sin necesidade de facer “chiribitas”. Decir tamén que nun equipo SGI que da moitos problemas para executar linux ca maioría das distribucións non tiven maior problema que engadir “nomodeset” nos parámetros do Kernel no arranque.

Aspectos negativos, a verdade é que moi poucos. Sinalaría simplemente dous, que realmente non son un problema. Un é que trae moito software duplicado, e decir, que trae programas diferentes que fan o mesmo (Firefox e Chromium por por un exemplo) e que polo tanto a imaxe da distribución ocupa bastante mais do normal (1.5 GB)

Dispón de 3 versións para descargar; unha de 32 bits con PAE e soporte para mais de 4GB, outra sen PAE, e unha de 64 bits.

LXLE

Se queredes botarlle un ollo, a páxina do proxecto é esta:

LXLE

Actualizo: Hoxe (24-3-13) saiu a versión oficial. Da que vos falaba antes era unha beta. A descargarrrrr!!!!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *