Mesa 13 lanzado, OpenGL 4.4 e 4.5 dispoñibles

En primeiro lugar gustaríame dicir que este artigo é o comezo dunha nova singladura, xa que é o primeiro artigo que fago como colaborador de www.JugandoEnLinux.com. A partires de agora poderedes atopar algúns dos meus artigos (aquí en galego, en www.JugandoEnLinux.com en castelán) en ambos lugares. Antes de comezar gustaríame aconsellarvos que visitedes www.JugandoEnLinux.com si estades interesados en todo o tocante a os xogos en Linux e SteamOS. Espero vervos por alí. Agora, feita a presentación, imos o lío:

O pasado día 1 de Novembro foi lanzado oficialmente Mesa 13 tras moitos meses de desenrolo como a rama 12.1, o cal é un fito na historia dos drivers e librerías gráficas libres por múltiples razóns. As mais significativas son as seguintes:

Soporte completo OpenGL 4.5 para Intel, Radeon e Nvidia: No caso de Intel poderán disfrutar de soporte todas aquelas gráficas a partires de Broadwell en adiante (i3,i5,i7 serie 5xxx e superiores) . A arquitectura anterior, Haswell, en troques, permanecerá en OpenGL 3.3. No caso das gráficas AMD, o soporte está permitido grazas o driver “RadeonSI” para as tarxetas AMD GCN (HD 7700-7800, HD 8xxx e superiores); e para Nvidia con “Nouveau” para todas as arquitecturas superiores a Fermi (series 4xx en diante). Tanto AMD como Nvidia, aínda que na práctica teña soporte para 4.5, oficialmente so teñen soporte ata OpenGL 4.3, pois están pendentes que os drivers sexan validados polos tests do grupo Khronos.

RADV Vulkan: Engadiuse soporte Vulkan para as gráficas AMD grazas o controlador libre “RADV”. Este foi incluído recentemente na rama principal de Mesa. Trátase dun desenrolo comunitario independente a o driver libre que en teoría estaría desenrolando AMD, e que comezou este verán David Airlie de Red Hat.

Soporte do controlador Nouveau para tarxetas Pascal: tratase dun desenrolo inicial do soporte, xa que están pendentes de que Nvidia facilítelles as imaxes de Firmware firmadas para poder avanzar.

Múltiples opctimizacións no rendemento dos drivers: Grazas a Mesa 13, os usuarios experimentaran melloras na velocidade, especialmente co driver “RadeonSI” para AMD.

Entre outras cousas tamén  mellorouse moito o driver para Vulkan de Intel, ou o desenrolo de Gallium 9, que permite unha mellor comunicación con aplicacións DirectX 9 a través de Wine. Como vedes é un lanzamento que ven cheo de novidades e que va a aledar moito a os usuarios de drivers libres, especialmente a os de AMD, que ata o de agora viñan sufrindo o non poder xogar en condicións coas súas tarxetas. Por suposto que aínda queda moito traballo por facer, pero este lanzamento é un comezo moi esperanzador… quen sabe, si mesmo nun futuro os usuarios, coma min, de Nvidia pasémonos o driver libre.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

3 reflexións sobre “Mesa 13 lanzado, OpenGL 4.4 e 4.5 dispoñibles”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *