Os paquetes SNAP

Como a maioría de vos saberedes, nuns días teremos dispoñible a esperadísima nova versión de Ubuntu 16.04 LTS. Como soe ser normal virá con multitude de novidades das que darei cumprida nota en canto saia.

Pero ao meu xuizo a novidade mais importante de esta nova versión de soporte extendido, é a inclusión dos paquetes Snap. Visto moi por enriba a principal ventaxa destes paquetes é que dispoñen en si mesmos de todo o preciso para poder executarse, polo que o tema de que un programa non funcionase por culpa de que usaba unhas librerías mais vellas ou novas rematou. Desta forma dase por solucionado o tema das dependencias, principal “desventaxa” con respecto a Windows ou OSX.

snapEste forma de instalación ofrece tamén unha maior seguridade, xa que íllanse as aplicacións de xeito que  nunca imos a “pisar” a outra aplicación nin as súas dependencias. Polo tanto isto tamén vai facilitar moito as actualizacións dos paquetes, xa que non hai que comprobar si afectarán o resto.

Cabe destacar que polo de agora os paquetes “.deb” non van a desaparecer (nin falta que fai), e seguirán estando nos repositorios. Isto é lóxico por que hai que ter en conta que ten que haber unha transición necesaria antes. Moitos desenroladores seguen a traballar ca paquetería de Debian e teránse que acostumar antes. Ademais, creo que os “.deb” son unha boa solución para as actualizacións de sistema e aplicacións da distribución. Para facilitar esa transición de DEB a SNAP, Cannonical pon a disposición dos desenroladores a sua ferramenta Snapcraft .

Os paquetes Snap teñen unha desventaxa obvia, y esta é que como é lóxico, se cada aplicación trae as suas dependencias; estas van a pasar a ocupar mais espazo no disco. Pero tendo en conta o tamaño dos discos actuais, cada vez carece menos de sentido aforrar espazo no sistema e nas aplicacións. A maior parte do espazo nos discos é ocupada por arquivos multimedia, xogos, etc

Penso eu que con este movemento, Ubuntu quere simplificar e estandarizar o empaquetado das aplicacións para facilitar e unificar o traballo dos desenroladores. Desta forma será moito mais fácil que grandes proxectos, tanto de software libre como privativo, vexan a Linux como unha alternativa real, e non perdida nun mar de distribucíóns, sistemas de empaquetado, e estruturas diferentes de arquivos e dependencias .

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

6 reflexións sobre “Os paquetes SNAP”

  1. Amén, Leo.

    Dacordo estou. Haberá que ver como funcionan en canto empece a haber paquetes snap e poidamos instalalos, pero isto ten que ser necesariamente unha boa cousa.

    Eu tiven problemas con dependencias algunha vez e amañalos pode chegar a ser desesperante ata que descobres cal PPA é o culpable do paquete ou paquetes puñeteros, e iso se chegas a sabelo!

    Se queremos que Linux sexa algunha vez un sistema de uso maioritario no escritorio necesita facerlle a vida fácil ao usuario, non pode ser que por instalar unha aplicación X se rompa o sistema ou deixen de funcionar outras aplicacións que nada teñen que ver.

    É dicir, o interés da maioria dos conductores é conducir o coche, non saber como funcionan todas as pezas, ten que saber cales son os mantementos básicos, certo, pero non ten que ser un mecánico. E entre os usuarios dun sistema operativo pasa o mesmo, a xente quere saber como se usa unha aplicación, non cales son as dependencias que ten, nin moito menos as relacións destas dependencias co sistema no seu conxunto ou con outras aplicacións.

    É certo que as dependencias compartidas son unha idea fantástica no tocante aos compoñentes e aplicacións básicas do sistema, pero cando se trata de instalar software adicional, sobre todo se queremos ou necesitamos estar á última nas aplicacións (e ollo, moita xente necesitao), as dependencias comúns son un problema ao que todos nos tivemos que enfrontar algunha vez.

    Se os paquetes snap solucionan isto, benvidos sexan.

    Saúde.

      1. A min non me quita o sono ningún dos dous, pero á miña señora… Sería a única maneira de rescatala do lado escuro… pero como as licencias seguirán sendo prohibitivas, estaremos na mesma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *