En primeiro lugar gustaríame desculparme pola falta de artigos publicados no meu blog ultimamente. Entre o traballo e o outro proxecto no que estou involucrado (JugandoEnLinux.com) , cústame sacar tempo e ideas para publicar. Pídovos desculpas. Agora o lío:
Probablemente GIMP sexa un dos softwares de código libre mais coñecidos é utilizados. Pese a que polo de agora non é competencia para o famoso Photoshop de Adobe, cada vez vaise achegando mais e mais, con pequenas melloras que o fan cada día mais competitivo. Por si queda alguén que non o coñeza, GIMP é un software de retoque fotográfico dixital profesional (si, profesional, a pesar do que vos digan algúns acólitos do software privativo pirateado), válido para o día a día da gran maioría de fotógrafos e retocadores dixitais, e por suposto para o usuario corrente que quere editar calquer tipo de material fotográfico.
Aquí imos a falar dos pasos que debemos seguir si queremos disfrutar das novidosas características que se van implementando e corrixindo pouco a pouco na sua versión beta (2.9.x), que precede o futuro lanzamento da versión oficial 2.10. Obviamente hai que avisar que o tratarse dunha versión beta non está exenta de erros, polo que si queredes un entorno mais seguro para traballar, por suposto é mais recomendable que usedes a versión estable (2.8.x) que normalmente atoparedes nos repositorios oficias das distribucións.
Para instalar a version 2.9.x en Ubuntu e derivadas abriremos coma sempre unha terminal e seguiremos os seguintes pasos.
En primeiro lugar instalaremos o repositorio que contén a versión beta de GIMP. Debemos introducir o seguinte comando:
sudo add-apt-repository ppa:otto-kesselgulasch/gimp-edge
Logo, actualizaremos os repositorios coa seguinte orde:
sudo apt update
Por ultimo instalaremos a versión 2.9 de GIMP:
sudo apt install gimp
O rematar o proceso xa poderemos disfrutar das mais novidosas características deste fantástico programa. Saúdos!
FONTES: GIMP, OMG UBUNTU!