QupZilla, un navegador impresionante en todos os sentidos

Facía tempo que non atopaba un software que me impresionase tanto coma este. O tema dos navegadores é algo no que parece que hai unha competencia tremenda, que todo está inventado, optimizado, etc. Pero no caso que nos ocupa hai que decir que conseguiu impresionarme.

Noutras ocasións probei outros navegadores lixeiros, pero sempre lles faltaba algo, ou había cousas que non me acababan de convencer. Neste caso decir que polo de agora puiden navegar sen problemas e non atopei problemas nin con Flash, HTML5 ou https.

Estas son algunhas das caracteristicas deste xenial navegador:

-Consumo baixisimo de memoria e recursos no sistema.

-É completamente multiplataforma, polo que podes atopalo en Linux (Ubuntu, Debian, OpenSuse, Arch, Gentoo, Fedora..), Windows, MacOS, FreeBSD…

-Utiliza o motor Webkit, igual que Chrome ou Safari

-Leva o Adblock integrado, polo que o tema da publicidade xa non é un problema.

-Mostra o nome do dominio da páxina que visitamos, así como diversa información relevante sobre a páxina.

-Inclue o SpeedDial onde se nos mostran miniaturas das páxinas para unha selección mais cómoda e rápida.

-Permite o bloqueo de Flash, de forma que nos mostra un botón por si queremos reproducilo.

Pero eu penso que o mellor e que o provedes vos mesmos e saquedes as vosas propias conclusións. Se queredes instalalo en Ubuntu e derivados so tendes que abrir unha terminal e teclear os seguintes comandos:

sudo add-apt-repository -y ppa:nowrep/qupzilla

sudo apt-get update

sudo apt-get install qupzilla

No caso que non usedes Ubuntu  ou derivados pasadevos por a páxina de descargas da web oficial

qupzilla-logo

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *