Renovación completa de Imaxe

Os de Ubuntu acaban de superarse, e como prometeran acomenteron un cambio de imaxe total. Esto non so afecta o tema por defecto que se viña mantendo nos últimos anos, e que agora luce de maravilla, senon os logos da marca, o novo bootsplash, o deseño gráfico dos CD-Live, a páxina web, publicidade… o cambio é total.

Pero de nada serve se os cambios son notables si estos non gustan, e neste caso hai que decir que o esforzo nótase que foi considerable, cousa que hai que agradecer a peña de Cannonical e a comunidade. O traballo feito pareceme notable, e si ben antes Ubuntu era unha distro completa, cun bo funcionamento e moi boas ideas, agora podenno acompañar cunha imaxe atractiva e actual. Deixovos alguns exemplos que collin da páxina do anuncio (visitadea se queredes ver todo):

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

2 reflexións sobre “Renovación completa de Imaxe”

  1. Mediocre LINUXERO, te dejo un comentario para que no muera tu blog!!!jajaja … Sigue con tu software libre y sin calidad!!!.

  2. A palabras húmidas oidos impermeables…….

    Cada día teño mais claro que os que compran un Mercedes e lles sai malo son incapaces de decir publicamente que o seu coche é unha merda, por que doe moito decir que lla meteron doblada e lle cobraron casi o dobre.

    A fin de contas non deixa de ser un Unix. E ben triste ver coma hai xente que que non sabe nin co que traballa. O teu adorado sistema ten un Kernel que é libre, de ese tipo de software que tanto denostas… Va por dios!!!

    Por certo, o meu blog terá poucas visitas (unhas 700 o més), pero polo menos a xente que entra nel normalmente non se adica a insultar e ofender como o fas ti.

    Por certo, vixía os portos do teu equipo, que che poden facer un fillo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *